fbpx

Tenda

  • NOVIDADE

    O sentido do abraio. 2ª Ed.

    17,00

    NOVA EDICIÓN!

    A celebración da natureza para persoas de todas as idades.

    Xuntando dúas das cinco liñas editoriais de Catro Ventos, ecoloxía e educación alternativa, publicamos en galego este ensaio da escritora e bióloga mariña Rachel Carson (1907-1964), autora de obras fundamentais para o ecoloxismo moderno como Primavera silenciosa (1962).

    Na publicación orixinal na revista Women’s Home Companion (1956), este texto ía dirixido a nais e pais e animábaos a explorar a natureza coas súas crianzas a fin de cultivaren xuntos o sentido do abraio. Esta obra é a base dun proxecto moi persoal da autora que había converterse no que ela denominaba O libro do abraio. Carson faleceu antes de poder darlle a forma esperada, pero o espírito e a súa teima persoal están aquí: como explorar e conservar durante toda a vida a capacidade do abraio, unha batalla que, segundo ela, só se gaña ou perde na infancia.

    Libro de de encadernación coidada con textos, fotos e papel cebola verde que vos fará evocar á natureza.

    Podes ver unha mostra do libro en PDF.

  • NOVIDADE

    Pragas e doenzas

    19,90

    Que fago se teño pulgón na roseira? Como trato o mildio nos tomates? Que é esa mancha negra que lles saen ás mazás?

    Cunha linguaxe sinxela e clara, apoiada con fotos e vídeos reais, Rosendo Estévez, experto en agricultura ecolóxica, explícanos cales son as principais pragas e enfermidades coas que nos atopamos en Galicia e que poden afectar tanto a nosa horta e árbores froiteiras como as plantas ornamentais e forestais. En «Pragas e doenzas», aprenderás remedios ecolóxicos para eliminalas ou combatelas, e manter as túas plantas protexidas.

  • NOVIDADE

    A pegada dixital

    19,90

    Gobernos e institucións de todo o mundo están a presentar na actualidade novas iniciativas para regular as tecnoloxías dixitais e as infraestruturas das redes. Porén, a maioría desas iniciativas políticas ignoran como a dixitalización afecta de moitas outras formas a sustentabilidade ambiental e a xustiza social.

    Este libro elaborado pola rede de investigación académica Digitalization for Sustainability – Science in Dialogue (D4S) defende que a regulación da dixitalización debe ser quen de responder aos retos sociais actuais. O cambio climático desbocado, a perda da biodiversidade, o incremento da polarización social e a erosión da democracia esixen medidas áxiles e decididas. O que precisamos é unha reprogramación (reset) dixital: un cambio de dirección radical da finalidade das tecnoloxías dixitais para que traballen nunha transformación profunda que favoreza a sustentabilidade.

    Podes ver unha mostra aquí

  • NOVIDADE

    Na sala dos espellos

    22,00

    A banda deseñada máis recente de Liv Strömquist reflexiona sobre a nosa obsesión pola autooptimización, a imaxe e o aspecto físico (e, sobre todo, polo das mulleres), así como a súa relación coas novas tecnoloxías.

    Dende a emperatriz austríaca Sissi até as Kardashian, Liv detense a observar como os espellos, esas ferramentas puídas, domean o mundo actual a base de dopamina e likes, xa que… acaso o smartphone non é unha nova versión do espello da madrasta?

    Podes ver unha mostra do libro en PDF, aquí.

  • NOVIDADE

    As bicicletas si son para Galicia

    19,90

    As bicicletas si son para Galicia aborda o uso da bicicleta dende un punto de vista poliédrico: ecolóxico e ecoloxista, de mobilidade sustentable e feminista. Emporiso, hai moito máis: entrevistas a colectivos e persoas ciclousuarias que usan a bicicleta en diversos contextos de Galicia, consellos prácticos e apuntes terminolóxicos con soporte ilustrado.

    Inclúe colaboracións da socióloga Iria Vázquez, o experto en mobilidade Daniel Díaz e o xornalista Carlos Risco que, respectivamente, nos falan sobre bici e xénero, a bicicleta no rural e a bicicleta na Galicia urbana.

    Podes ver unha mostra do libro en PDF, aquí.

  • Lote dos Afectos

    45,00

    Os afectos, como o feminismo, son transversais a todos os aspectos da vida.

    Dende mercarlle unhas laranxas á froiteira máis próxima á casa até xuntarse a traballar en equidade polo avance ecosocial, os afectos son as ferramentas para relacionármonos dun xeito ou outro e, coma toda ferramenta, mellor aprendermos a manexala.

  • Lote Practiquiño

    48,50

    Velaquí tres obras para facer máis con menos.

    Estes tres libros son imprescindibles para aproximarnos máis á coherencia ideal como consumidoras: aplicando consellos e receitas respectuosas co medio para manter limpo o fogar, fuxindo do uso innecesario de plásticos ou comprendendo as causas principais da crise sistémica na que nos atopamos. E agora é posible conseguilas a un prezo especial. Unha oportunidade para levar á práctica os principios da economía social e solidaria.

  • Lote do Agro

    49,90

    Velaquí un conxunto de obras que falan da contorna e da nosa pegada e achegan fórmulas, consellos, prácticas útiles para coidar da contorna do agro e das eiras.

    Dende o estado actual dos nosos solos até as solucións para coidar deles, reivindicando o apoderamento do ecofeminismo e da resiliencia e a soberanía alimentaria que podemos acadar facendo cousas pequenas que mudan o rumbo.

    Este lote achega tres obras esenciais do catálogo de Catro Ventos Editora a un prezo especial. Unha oportunidade para reconectar coa Terra desde a perspectiva ecosocial tan arraigada no rural galego.

  • Cuberta de «O aceite de palma. A graxa do imperio»

    O aceite de palma

    19,00

    A graxa do imperio

    Témolo na comida, nos cosméticos, nos combustibles e no corpo. O aceite de palma, que encontramos na metade dos produtos dos supermercados, conformou o noso mundo. Max Haiven descúbrenos como as engrenaxes do capitalismo están lubricadas —literal e metaforicamente— por este elixir ubicuo.

    Neste libro atopamos certo relato cronolóxico, mais non é unha historia. É o intento de seguir o trazado de algo que a simple vista non se ve. De responder a dúas preguntas: que significa ser humano nun mundo feito de aceite de palma?; que significa contarnos a nosa historia a nós, corpos feitos de aceite de palma, porque nós, sen excepción, o levamos sobre a pel ou metabolizamos a partir do que comemos?

    Historia, soño, teoría, montaxe…: este libro incítanos a recoñecermos o pasado que hai no presente e a aproveitarmos o potencial para facer un mundo mellor.

     

    Podes ver unha mostra do libro aquí.

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies