fbpx

«Viraventos» é o nome do noso programa de apoio á editora. Queremos sumar a túa enerxía para darlle pulo ao proxecto, manter a súa viabilidade e aumentar o número de publicacións no futuro.

Este programa consiste nun peto que, segundo a cantidade que aportes, permíteche mercar as nosas obras cun desconto especial até esgotalo.

Segundo o teu peto viraventos, será o teu desconto

  • Viraventos 30: achegando 30 euros tes un desconto do 15 %.
  • Viraventos 50: achegando 50 euros tes un desconto do 20 %.

Para todas as obras e persoas

Podes mercar todos os produtos do noso catálogo (se ben está suxeito a dispoñibilidade de existencias). Ti decides como usar ese peto: podes mercar varios exemplares dun mesmo libro ou varios títulos diferentes, mesturar obras doutros anos con novidades deste ano ou só mercar as novas publicacións (poderás reservalas para que chas enviemos en canto saian do prelo). O único que vai variar en función da modalidade que elixas é a porcentaxe de desconto.

E se pensas que lle pode gustar a alguén que coñezas, apúntate e farémosllo chegar como unha tarxeta de agasallo virtual.

Esgótase o peto? Pois podes volver a enchelo!

A renovación dun peto Viraventos non é automática. Cada comezo de ano, recibirás un correo electrónico no que che informaremos do teu saldo e, se queres, enchelo de novo e continuar a apoiarnos e gozar de lecturas críticas co desconto especial.

Quero un peto viraventos

    *Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

    Uso de cookies

    Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
    Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

    Aviso de cookies