fbpx

Lotes

cabeceira

Libros que conversan

As obras do noso catálogo falan entre elas, como habitantes dunha fraga. Unhas acóchanse á sombra das outras ou saltan de póla en póla, mais todas medran xuntas.

Os lotes de Catro Ventos son atados con obras afíns cun desconto do 10 % xa aplicado no prezo. Títulos seleccionados para amarralos en curto, para coñecer a fondo o eido que os vencella e levalos aos estantes das persoas que gustan de ler (e agasallar) lecturas conscientes.

intro

Lote do Agro

Velaquí un conxunto de obras que falan da contorna e da nosa pegada. Tres obras nas que atoparás unha análise da situación actual do chan no que pisamos, construímos e cultivamos, das mulleres invisibilizadas no coidado dos montes, tamén fronte aos lumes, e a chave da porta da permacultura coa que aprenderás a cultivar de xeito respectuoso.

Inclúe:

  • A degradación invisible do solo
  • Árbores que non arden
  • Permacultura (1.ª edición)

Lote Practiquiño

Tres títulos imprescindibles para acadar un consumo consciente: coñecerás a crise sistémica sobre a cal xira a emerxencia climática, aprenderás a desfacerte do uso ou consumo de plásticos e contarás con consellos e receitas respectuosas co medio para manter limpo o fogar.

Inclúe:

  • A bolsa ou a vida
  • Adeus, plástico!
  • Arrecende a limpo
lotes

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies