fbpx

Lote do Agro

49,90

Velaquí un conxunto de obras que falan da contorna e da nosa pegada e achegan fórmulas, consellos, prácticas útiles para coidar da contorna do agro e das eiras.

Dende o estado actual dos nosos solos até as solucións para coidar deles, reivindicando o apoderamento do ecofeminismo e da resiliencia e a soberanía alimentaria que podemos acadar facendo cousas pequenas que mudan o rumbo.

Este lote achega tres obras esenciais do catálogo de Catro Ventos Editora a un prezo especial. Unha oportunidade para reconectar coa Terra desde a perspectiva ecosocial tan arraigada no rural galego.

Dispoñible

Descrición

Este lote inclúe tres lecturas imprescindibles para o apoderamento rural, desde o coñecemento do terreo até a nosa relación simbiótica co mesmo, incluíndo a imprescindible perspectiva de xénero.

Obras incluídas

Permacultura. Unha caixa de ferramentas para deseñar un mundo mellor

(1.ª edición, 2.ª reimpresión)

Alexandre Grande Babarro

Velaquí unha caixa de ferramentas coas que facer fronte á crise ecolóxica, social e sistémica mundial. Atoparemos neste libro unha visión global da permacultura que abrangue historia, referentes, trazos característicos e recursos.

Con esta obra non coñecerás só os trazos puramente ecolóxicos da permacultura, senón tamén os aspectos sociais, económicos e persoais. Ademais de vivirse no campo e na natureza, a permacultura vívese nas relacións entre as persoas e coa contorna, e nas iniciativas de comunidade.

Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais

(1.ª reimpresión)

Proxecto Batefogo (coord.), varias autoras

Nunha panorámica superficial do mundo do lume, a presenza de mulleres resulta aparentemente anecdótica. A súa visibilidade nos distintos escenarios do complexo quebracabezas que supón a problemática dos incendios forestais en Galicia é moi reducida; demasiado…

Fagan memoria das noticias sobre a autoría dos lumes, das imaxes do servizo de extinción, dos comités da administración autonómica, ou dos foros de debate sobre os lumes, o ordenamento e a xestión do territorio. É que elas non prenden? Non apagan? Non deciden? Non reflexionan sobre os incendios forestais, as súas causas e consecuencias?

Para tentar dar resposta a estas preguntas, o equipo do proxecto Batefogo reúne neste volume achegas de diferentes autoras que, desde a súa disciplina, reflexionan sobre o papel das mulleres na prevención e extinción dos incendios forestais.

A degradación invisible do solo

Gerd M. Neugebauer

Trad. de Patricia Buxán Outeiro

A meirande catástrofe ecolóxica está a pasar case inadvertida: cada ano desaparecen no mundo sete millóns de hectáreas de terra fértil, o equivalente a máis do dobre da superficie de Galicia.

Con exemplos sobre o estado da degradación dos solos en Alemaña, nos Alpes austríacos e na costa mediterránea da Península Ibérica, e unha análise dos factores causantes (construción sen xeito, agricultura intensiva, contaminantes industriais…), Gerth M. Neugebauer expón nesta obra, sen medias tintas, os graves riscos aos que se enfronta Europa, así como os mecanismos económicos e os instrumentos lexislativos que promoven tal destrución, unha imaxe na que tamén se reflicte Galicia e que debe servirnos de advertencia.

Porén, tamén dá motivos para a esperanza e recolle un pequeno catálogo de experiencias transformadoras reais que, especialmente no ámbito urbano, amosan o camiño cara a unha mudanza ecosocial sustentada por solos sans.

obras-incluidas

Características

Peso 1,200 kg
Dimensións 5 × 15,3 × 21,5 cm
ISBN

978-84-124635-7-6

FORMATO

Encadernación rústica cosida

XÉNERO

Ensaio

Hache prestar tamén...

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies