Descrición
Velaquí un manual que anima a saír á horta, ao xardín, e a practicar, mellorar e contrastar experiencias, escrito por Rosendo Estévez, experto en agricultura ecolóxica, docente de numerosos obradoiros por toda a xeografía galega e de Agricultura Sustentable e Xardíns na serie de divulgación da TVG Polo rego. A universidade do campo.
Autoría
Rosendo Luís Estévez Parada
Rosendo Luís Estévez Parada é técnico en explotacións agrícolas e experto en conservación de alimentos e depuración de augas, dá cursos de agricultura ecolóxica. Canda a súa muller, leva o proxecto Trasdeza Natur, pioneiro na deshidratación de produtos ecolóxicos, moitos deles procedentes da súa horta sustentable. Rosendo é coñecido por ser o mestre de Agricultura Sustentable e Xardíns na serie de divulgación da TVG Polo rego. A universidade do campo, serie da que Catro Ventos editou en 2020 en formato libro unha selección dos mellores programas.
Esta obra recibiu unha subvención da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.