AVISO LEGAL
Catroventos.gal é o sitio web de Catro Ventos Editora, S. Coop. Galega (en adiante, «a Editora»), que elaborou estas condicións xerais para regular aspectos legais como a nosa política de privacidade, uso de cookies, dereitos de propiedade intelectual etc.
- Información xeral
Estes son os datos identificativos da empresa:
- Titular: CATRO VENTOS EDITORA, S. COOP. GALEGA
- CIF: F27828961
- Enderezo: Rúa Ferrería, 25 – baixo, 36202 – Vigo (Pontevedra)
- Correo electrónico: administracion@catroventos.gal
A Editora é propietaria do nome do dominio e da páxina de Internet á que se accede a través do enderezo catroventos.gal.
- Aceptación das condicións de uso
A Editora ofrece, a través desta web un servizo de información sobre o seu catálogo e sobre a Editora en xeral. O acceso e/ou o uso de catroventos.gal outorga a quen o realiza a condición de usuario do mesmo e supón a súa aceptación absoluta, dende ese momento e sen reserva algunha, das presentes condicións xerais (tamén denominadas «Aviso legal»).
- Condicións de uso da web
A través do presente sitio web facilítase aos usuarios o acceso e a utilización de diversos servizos e contidos postos a disposición pola Editora e en ningún caso por terceiros.
O usuario comprométese a utilizar a web consonte a lei, o presente Aviso legal, a Política de privacidade e demais avisos, regulamentos de uso e instrucións postos no seu coñecemento, así como de forma conforme á legalidade vixente, a boa fe, a orde pública e os usos e costumes xeralmente aceptados.
O usuario obrígase a usar os contidos de forma dilixente, correcta e lícita e, en particular, comprométese a se abster de utilizar os contidos con fins ou efectos contrarios á lei.
Queda prohibido realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial, directamente ou de forma encuberta mediante o envío de correos masivos («spaming»).
Igualmente, queda prohibido realizar accións que poidan producir no sitio web, ou a través do mesmo e por calquera medio, algún tipo de dano aos sistemas da Editora ou a terceiros.
- Exención de responsabilidades
A Editora poderá modificar, sen previo aviso, a información contida no seu sitio web, así como a súa configuración e presentación. A Editora non garante a inexistencia de interrupcións ou erros no acceso á páxina web, no seu contido, nin que este estea actualizado, aínda que se esforzará todo o posible por evitalos, emendalos ou actualizalos.
A Editora non se fai responsable dos danos e prexuízos directos ou indirectos, incluídos danos a sistemas informáticos e introdución de virus existentes na rede, derivados da navegación por Internet para o uso deste sitio web.
A Editora non se fai responsable do incumprimento de calquera norma aplicable en que poida incorrer o usuario no seu acceso a este sitio web e/ou no uso da información contida nel.
A Editora non será responsable dos danos e prexuízos producidos ou que se poidan producir, calquera que sexa a súa natureza, que se deriven do uso da información, das materias contidas neste sitio web e dos programas que incorpora. As ligazóns e hipertextos que posibiliten ao usuario, a través do sitio web da Editora, acceder a prestacións e servizos ofrecidos por terceiros non pertencen nin están baixo o control da Editora, polo que esta non se fai responsable nin da información contida neles nin de calquera outro efecto que se puidese derivar desa información.
En definitiva, o usuario é o único responsable do uso que realice dos servizos, contidos, ligazóns e hipertextos incluídos no sitio web da Editora.
- Dereitos de propiedade intelectual
A Editora non concede ningún tipo de licenza ou autorización de uso persoal ao usuario sobre os seus dereitos de propiedade intelectual e sobre calquera outro dereito relacionado co seu sitio web e os servizos ofrecidos no mesmo.
O usuario única e exclusivamente pode utilizar o material que apareza neste sitio web para o seu uso persoal e privado, quedando prohibido o seu uso con fins comerciais ou para incorrer en actividades ilícitas.
- Política de privacidade e protección de datos
En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), informámola/o de que os datos persoais que nos subministre utilizando o noso correo electrónico e os formularios de contacto da web, serán tratados de forma confidencial e pasarán a formar parte de ficheiros automatizados titularidade da Editora, que foron debidamente inscritos na Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es).
- Exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición
A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante comunicación dirixida a Catro Ventos Editora, S. Coop. Galega, rúa Ferrería, 25 – baixo, 36202 – Vigo (Pontevedra), ou ao enderezo administracion@catroventos.gal. A solicitude deberá conter o nome e os apelidos da persoa interesada e copia do DNI.
- Política de devolucións
A Editora garante ao cliente a posibilidade de anular o seu pedido en calquera momento e sen ningún custo, sempre que a anulación se comunique antes de que o pedido sexa posto a disposición do transportista para o seu envío. En caso contrario, deberá esperar a recibir o pedido para tramitar a súa devolución.
O cliente disporá dun prazo de sete (7) días hábiles dende a recepción do produto. O cliente comunicará á Editora, dentro do prazo estipulado e por calquera medio admitido en dereito, o seu desexo de exercer o dereito de resolución do contrato.
O pedido devolto deberá ser entregado xunto co albará de entrega e, no seu caso, a factura emitida pola Editora, correndo o cliente cos custos de devolución. O cliente poderá devolver calquera artigo que mercara á Editora sempre que os produtos non fosen abertos nin usados e conserven o seu precinto ou embalaxe orixinal.
De entregar un produto distinto ao solicitado pola/o clienta/e por erro da Editora, entregaráselle o produto correcto, recollendo o primeiro, sen ningún custo adicional para el(a).
De chegar un produto ao cliente roto, danado ou en malas condicións, a Editora farase cargo de recollelo no seu domicilio, substituíndoo por outro en bo estado, sen custos adicionais.
Para realizar calquera reclamación ou consulta, pódese contactar coa Editora a través do apartado de contacto desta web.
- Comunicacións comerciais
A Editora comprométese expresamente a non realizar publicidade enganosa e a non remitir comunicacións comerciais sen identificalas como tales. A estes efectos non se considerará comunicación comercial aquela información que se envíe á clientela da Editora sempre que teñan por finalidade o mantemento da relación contractual existente entre aquela e a Editora, así como o desempeño das tarefas de información, formación e outras actividades propias do servizo que o cliente ten contratado coa Editora.
- Uso de cookies
A Editora poderá instalar dispositivos de almacenamento e recuperación de datos no seu ordenador, tamén denominados cookies, coa fin de coñecer información dos visitantes da súa web. En ningún caso estes datos serán tratados como datos persoais. En ocasións, o seu navegador xerará unha mensaxe instantánea que ofrecerá a posibilidade aos visitantes da web de se opoñer á instalación destes dispositivos.
- Terminación e modificación
En principio, a duración deste sitio web é indeterminada. Porén, a Editora resérvase o dereito a modificar, suspender ou dar por terminada a prestación dos seus servizos ou contidos, total ou parcialmente, en calquera momento e sen necesidade de avisar previamente ás persoas usuarias da web.
- Lei aplicable e xurisdición
As relacións establecidas entre a Editora e a persoa usuaria rexeranse polo disposto na normativa vixente. Emporiso, nos casos nos que exista a posibilidade de someterse a unha xurisdición ou de renunciar expresamente a que lles puidese corresponder, a Editora e a persoa usuaria someterán calquera controversia ou litixio aos xulgados e tribunais da cidade de Vigo.