fbpx

Lote dos Afectos

45,00

Os afectos, como o feminismo, son transversais a todos os aspectos da vida.

Dende mercarlle unhas laranxas á froiteira máis próxima á casa até xuntarse a traballar en equidade polo avance ecosocial, os afectos son as ferramentas para relacionármonos dun xeito ou outro e, coma toda ferramenta, mellor aprendermos a manexala.

Dispoñible

Descrición

Xuntamos desta volta no Lote dos afectos, tres obras que cuestionan as relacións afectivas a todos os niveis. Obras para lermos coas lentes violetas para desbotar as machiruladas do ensino, identificar a forza do capitalismo nas nosas relacións e mesmo na nosa identidade, e para (re)facernos dende unha nova mirada propia.

Obras incluídas

Comando Igualdade. A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas!

Chis Oliveira e Priscila Retamozo

Prólogo de Ledicia Costas

Nun mundo que nos ensina a odiarnos, querérmonos é revolucionario.

Este é un manual para desaprender condutas sexistas que non sabiamos que tiñamos inculcadas e automatizadas, para deixar atrás a miopía dos prexuízos que non nos deixa ver con nitidez e para pór en práctica a equidade, a empatía e a corresponsabilidade de forma colectiva e horizontal, e dende unha perspectiva ecofeminista.

A revolución comeza nas aulas! Soñamos con comandos en todas as realidades (na escola, no traballo, nos adestramentos, nas clases de pintura…), e neste libro tes as chaves para formar o teu. Fai parte do cambio e consigue que a igualdade sexa a verdadeira medida de todas as cousas.

Desamarmos o capitalismo. O amor como acción política

Lann Hornscheidt

Tradución e prólogo de María Reimóndez

Que significa amar? Até que punto o acto de amar está influenciado socialmente? Por que lle interesa ao capitalismo que entendamos o amor como algo restrinxido á esfera privada? Que ten que ver o amor coas nosas escollas conscientes cando mercamos unha prenda de abrigo, un quilo de laranxas…?

De todo isto fala Desamarmos o capitalismo. A partir dunha análise dos conceptos do amor como algo privado, romantizado e consumible, Lann Hornscheidt analiza as diferentes dimensións que ten o amor na nosa sociedade e como, mediante a súa repolitización e diversificación, podemos crear vínculos complexos coa vida doutras persoas.

Neste libro, con tradución e prólogo de María Reimóndez, que desafía o binarismo de xénero e a redución do xénero á sexualidade, Lann combina ensaio, creación literaria e exercicios de reflexión para que vexamos que o amor é unha das accións máis políticas que poden existir.

Feminismo para o 99 %. Un manifesto

Cinzia Arruzza, Tithi Bhattacharya e Nancy Fraser, con prólogo de María Reimóndez

Trad. de Patricia Buxán Outeiro

Libro escrito por tres das promotoras da folga feminista de 2017 nos Estados Unidos. Este é un manifesto que xorde co espírito dos milleiros de mobilizacións feministas que reinventaron a folga ao levar o concepto do traballo máis aló de salarios e horas. Aborda o acoso e as agresións sexuais, as barreiras á xustiza reprodutiva e as pexas ao dereito á folga.

Fronte ao feminismo liberal, instrumentalizado polo capitalismo e centrado en procurar o benestar dun 1 % mentres descarga no restante 99 % o traballo da reprodución social (unha tarefa que subordina á produción de beneficios e que consolida a opresión de xénero), o movemento do feminismo para o 99 % é antirracista, antiimperialista e ecoloxista.  Chámanos a aproveitar a crise actual do capitalismo e a unir forzas con outros movementos para o 99 % a fin de iniciar unha transformación social de calado. As principais baixas nesta crise política do capitalismo son as mulleres, mais tamén son elas as principais actrices na loita por unha solución emancipadora.

obras-incluidas

Características

Peso 0,851 kg
Dimensións 3 × 17 × 22,5 cm
ISBN

978-84-127425-4-1

FORMATO

Encadernación rústica cosida

XÉNERO

Ensaio

Hache prestar tamén...

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies