Tenda
Amosando 28–33 de 33 resultados
-
Así é a ditadura
14,00€Este libro fai parte dunha colección de catro títulos pensada para os lectores máis novos que publicou entre os anos 1977 e 1978 a editorial barcelonesa La Gaya Ciencia.
O ditador Franco morrera só un par de anos antes e o país estaba a vivir unha etapa —a Transición— que achegaría os primeiros cambios democráticos. Xa pasaron case corenta anos desde aquela e pensamos que o espírito e a maior parte da letra deste libro está completamente vixente, polo que decidimos volver editalo con novas ilustracións.
Aquí podes ver unha mostra do libro en Issuu ou descargala en PDF.
-
Xuízo aos humanos
16,00€Os animais do planeta Terra reúnense na selva para celebrar un xuízo extraordinario. Acusan o ser humano de crimes atroces: calumnias, maos tratos e xenocidio.
É realmente o Homo sapiens unha ameaza para a vida terrestre, unha especie arrogante, cruel e asasina? Ou pode aínda redimirse perante o resto dos animais? Chegou a hora de se enfrontar á Lei da xungla.
-
Biodiversidade
18,50€Cara a unha sexta extinción masiva.
Nunha indiferenza case xeral, o noso planeta entra nunha fase de extinción masiva provocada polo ser humano, a sexta desde que a vida se diversificou na Terra hai 500 millóns de anos. Cales son os mecanismos e as causas principais e como evitar ou limitar esta sexta extinción?Podes ver unha pequena mostra do libro en Issuu ou descargala en PDF
-
A ruta dos refuxiados
16,00€Un libro para seguir as pisadas de millóns de persoas refuxiadas. Esta crónica en imaxes relata un dos fitos fundamentais da nosa historia recente; un percorrido gráfico pola crise humanitaria que axita a conciencia de Europa. Un retrato colectivo que ilustra as condicións de vida nas principais vías de entrada ao continente.
Bótalle un ollo en ISUU aquí ou descarga o PDF.