fbpx

Preguntas frecuentes

Rexistro

Sobre a túa conta e os teus datos.

Como podo rexistrarme?

Entra en A túa conta e introduce o teu correo electrónico e o contrasinal que queres empregar para acceder de agora en adiante ao teu espazo persoal do noso sitio web.

Que fago se esquecín o meu contrasinal?

Na páxina A túa conta, fai clic en Esqueciches o teu contrasinal? e recibirás un correo electrónico cos pasos para poder recuperalo.

Como podo cambiar o meu contrasinal?

Accede ao teu espazo cos teus datos de inicio (nome de usuario e contrasinal) e fai clic en Cambiar contrasinal.

Que garantías teño de que os meus datos están protexidos?

Todos os datos de carácter persoal, é dicir, toda aquela información que permita identificarte como individuo, que che solicitemos e recompilemos a través de calquera das operacións que realices no noso sitio web son totalmente confidenciais e contan coas máximas garantías de seguridade e integridade.
En ningún momento cederemos os teus datos persoais a terceiros nin os destinaremos a fins diferentes dos previstos.

Como podo deixar de recibir novidades e boletíns de Catro Ventos Editora?

Podes darte de baixa facendo clic na mensaxe «Deixar de recibir os boletíns e novidades de Catro Ventos» incluída ao pé de calquera dos correos electrónicos informativos que che enviemos ou remitirnos un correo a comercial@catroventos.gal indicando o correo que queres dar de baixa do noso servizo de novidades.

Os nosos produtos

Sobre as nosas obras e como facerte con elas.

Onde podo mercar as vosas publicacións?

Podes adquirir os produtos de Catro Ventos a través de calquera das seguintes vías:

Onde podo adquirir un libro descatalogado?

Se estás interesado en mercar un produto descatalogado, entra en contacto connosco e axudarémoste a atopar un punto de venda onde aínda estea dispoñible ou ofrecerémoste a posibilidade de reimprimilo por encarga.

Publicar ou vender convosco

Sobre os procesos de publicación e adquisición.

Podo enviar unha obra para que a editorial valore a súa publicación?

Estamos abertos a examinar calquera proposta acorde cos eixos temáticos da editoria (economía social, ecoloxía, consumo sustentable, dereitos humanos e crianza alternativa) e cos principios polos que nos rexemos.
Podes enviarnos unha mostra da túa obra por correo electrónico a comercial@catroventos.gal e tentaremos darche unha resposta nun prazo razonable de tempo.

Teño unha libraría e gustaríame vender os vosos produtos.

Se che interesa converterte en punto de venda de todos os nosos produtos ou simplemente dun produto concreto, podes cubrir o formulario de contacto presente na nosa web ou entrar en contacto connosco a través do noso correo comercial@catroventos.gal.

Se traballas coa distribuidora Consorcio Editorial Galego contacta directamente con eles para trasladarlles o que precises para facerte coas nosas obras.

Teño outro tipo de establecemento (grupo de consumo, tenda de produtos ecolóxicos, etc.) e gustaríame vender os vosos produtos.

O noso obxectivo é que os produtos que editamos cheguen ao maior número de xente posible. Por tanto, estamos interesados en estar presentes en calquera establecemento, asociación ou colectivo afín aos temas que tratamos (economía social, ecoloxía, consumo sustentable, dereitos humanos e crianza alternativa).
Se che interesa converterte en punto de venda de todos os nosos produtos ou simplemente dun produto concreto, podes cubrir o formulario de contacto presente na nosa web ou entrar en contacto connosco a través do noso correo comercial@catroventos.gal.

Facedes servizos de revisión, tradución ou maquetación ?

Na editora ofrecemos todo o necesario para que unha peza gráfica, publicación ou obra poidan levarse a cabo cos mellores estándares de edición. Se precisas axuda para editar un folleto, un cartaz, unha memoria, un dossier, ou mesmo unha páxina web podemos axudarche. E non só iso, xa que cubrimos todo o proceso de publicación, desde a idea ata a comercialización.

Revisa os nosos servizos editoriais e contacta connosco en comercial@catroventos.gal para que poidamos axudarche.

Tramitación de pedidos

Sobre como facer os teus pedidos na web.

Como podo realizar un pedido a través da tenda en liña?

Para poderes realizar un pedido selecciona a obra/obras que desexes e completa o teu rexistro durante o proceso de compra. Se xa es usuario, poderás realizar comodamente a túa compra seleccionando os produtos que che interesen e incluíndoos na cesta de pedidos.

Canto tempo tardarei en recibir o pedido?

O prazo de entrega do teu pedido é de 3/4 días laborables para envío convencional ou gratuíto. Os envíos urxentes teñen un prazo de entrega de 1/2 días laborables. Recibirás unha notificación na data do envío a través do teu correo electrónico.

Hai unha cantidade mínima de pedido?

Os pedidos de mais de 15 € non teñen custos de envío asociados. Hai obras que custan menos dese prezo, polo que váleche a pena pedir dúas e aforrar os custos de envío. 😉

Podo mercar na web e recoller os produtos nalgún establecemento?

Se o destino do teu pedido está en Vigo, podes achegarte á nosa sede a recollelos en horario de 9:00 a 12:00 de luns a venres (consútanos para outros horarios). Infórmanos se queres recollelo nalgún dos nosos puntos de venda e xestionarémolo.

Como podo anular un pedido?

Calquera pedido realizado a través da nosa tenda en liña pode anularse sempre e cando o envío non estea en curso, é dicir, sempre e cando non recibises aínda o noso correo de confirmación de pedido enviado.
Para anulalo, contacta directamente connosco no correo pedidos@catroventos.gal.

Envíos e devolucións

Sobre os envíos e as devolucións.

Cales son os custos de envío?

  • Os pedidos de máis de 15 € dentro do territorio nacional non teñen custos de envío.
  • Os pedidos menores de 15 € dentro de España implican uns custos de envío de 3,50 euros.
  • Os pedidos urxentes teñen un custo de 5 euros.
  • O custo dos pedidos ao extranxeiro dependerán do país de envío. Podes enviarnos un correo a pedidos@catroventos.gal e informarémosche dos mesmos.

Cales son os prazos de envío?

O prazo de entrega dos pedidos é de:

  • 3/4 días laborables para pedidos efectuados co método de envío convencional ou gratuito.
  • 1/2 días laborables para pedidos efectuados co método de envío urxente.

Se pasados estos prazos non recibiches o teu pedido remítenos un correo a pedidos@catroventos.gal co recibo do teu pedido para verificar cal é o estado do mesmo e resolver calquera incidencia ao respecto.

Podo devolver un produto despois de mercalo?

Poderás solicitar a devolución de calquera dos nosos produtos en caso de que non se correspondan co pedido que realizaches, se están en mal estado ou son defectuosos. Nese caso Catro Ventos correrá cos custos de envío da devolución.

A subsanación do erro ou sustitución cun novo envío non suporá ningún gasto para a persoa que o adquiriu e en ningún caso se procederá á devolución da contía do pedido.

Que debo facer se recibo un artigo incorrecto ou defectuoso?

Se un produto está en mal estado, ten algún defecto ou non se corresponde con aquilo que mercaches, ponte en contacto connosco en pedidos@catroventos.gal e concretaremos a mellor maneira de resolver o problema.
Catro Ventos comprométese a enviarche o antes posible e en perfecto estado o produto que adquiriches inicialmente.

Pagamento

Sobre os pagamentos.

Cales son os métodos de pagamento aceptados?

A través da web podes pagar o teu pedido dos seguintes xeitos:

  • Pago con tarxeta: admitimos o pagamento de todo tipo de tarxetas a través do TPV SumUp.
  • Pago mediante transferencia bancaria: fainos transferencia a conta e remítenos o xustificante para axilizar o envío do pedido.

Podo obter unha factura dos produtos mercados?

Para obter unha factura do teu pedido marca a casilla correspondente e completa os datos indicados ao facer o pedido. Se esqueceches facelo contacta connosco en pedidos@catroventos.gal indicando o número do teu pedido e os teus datos de facturación para emitirche a factura correspondente.

Que é o CCV?

É un código de seguridade de tres díxitos situado na parte posterior da tarxeta de crédito e destinado a garantir que o usuario ten acceso físico á tarxeta que pretende empregar.
Trátase dunha medida de seguridade adicional para evitar a fraude en liña e mirar pola fiabilidade das operacións de compra e venda na rede.

faq

Algunha dúbida?

Contacta connosco.

contacto

Conecta

Enreda connosco nalgunha da seguintes canles sociais

Facebook

Únete á comunidade Catro Ventos

Twitter

Síguenos en Twitter

Instagram

Cotilléanos en Instagram

Linkedin

Conecta en Linkedin

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies