Tenda
Amosando 19–27 de 33 resultados
-
2ª REIMPRESIÓN
Feminismo para o 99 %
12,50€O feminismo para o 99 % é anticapitalista e transnacional. Ante a actual crise política do capitalismo, convídanos á solidariedade con outros movementos radicais para actuarmos desde a nosa diversidade a fin de transformar a sociedade.
Cinzia Arruzza, Tithi Bhattacharya e Nancy Fraser son tres das promotoras da folga feminista de 2017 nos Estados Unidos. En 2018 escriben este manifesto no espírito dos milleiros de mobilizacións feministas. Manifestacións que reinventaron a folga ao faceren paros non só de traballo remunerado, senón tamén de traballo sociorreprodutivo non-remunerado visibilizando a opresión de xénero que o capitalismo exerce ao subordinar o traballo da reprodución social ao da produción de beneficios.
Esta edición galega publícase simultaneamente en 12 edicións distintas, incluída a orixinal inglesa. Unha obra que vai acompañada dun limiar da feminista e escritora María Reimóndez que nos axuda a situar as ideas deste movemento no contexto galego.
-
O sentido do abraio
11,00€A celebración da natureza para persoas de todas as idades.
Xuntando dúas das cinco liñas editoriais de Catro Ventos, ecoloxía e educación alternativa, publicamos en galego este ensaio da escritora e bióloga mariña Rachel Carson (1907-1964), autora de obras fundamentais para o ecoloxismo moderno como Primavera silenciosa (1962).
Na publicación orixinal na revista Women’s Home Companion (1956), este texto ía dirixido a nais e pais e animábaos a explorar a natureza coas súas crianzas a fin de cultivaren xuntos o sentido do abraio. Esta obra é a base dun proxecto moi persoal da autora que había converterse no que ela denominaba O libro do abraio. Carson faleceu antes de poder darlle a forma esperada, pero o espírito e a súa teima persoal están aquí: como explorar e conservar durante toda a vida a capacidade do abraio, unha batalla que, segundo ela, só se gaña ou perde na infancia.
Libro de de encadernación coidada con textos, fotos en branco e negro e papel cebola verde que vos fará evocar á natureza.
-
3ª REIMPRESIÓN
Dúbidas reais de adolescentes sobre sexo
14,50€Hai algún problema por ter relacións sexuais con 14-16 anos? Os homes mastúrbanse máis ca as mulleres? Por que os rapaces teñen mamilas? Este libro nace das charlas formativas realizadas por unha xinecóloga especializada en diferentes centros de ensino secundario da comarca de Vigo e da necesidade de dar resposta a moitas cuestións que vos xurden a vós como adolescentes. Unha escolma das preguntas máis relevantes e frecuentes acompañada dunha explicación clara sobre os diferentes métodos anticonceptivos e preventivos de enfermidades, así como doutros aspectos que vos importan e que importa que coñezades.
Podes ver unha pequena mostra do libro en ISSUU ou descargala en PDF.
-
2ª REIMPRESIÓN
Caderno de campo das illas Cíes
19,50€Catro rutas ilustradas polas illas Cíes
«No salvaxe radica a preservación do mundo» escribiu Thoreau a propósito do camiñar pola natureza, e precisamente isto é o que che propón este caderno: catro rutas polas illas Cíes guiadas polas acuarelas dun lagarto arnal, do corvo mariño cristado, de varias gaivotas patiamarelas…
Este libro é un caderno de campo, é dicir, unha compilación de ilustracións da natureza feitas en lapis e acuarela por José Arcas (biólogo e artista) para pór en valor o patrimonio natural das illas Cíes. Neste caso, a fermosa experiencia visual enriquécese ademais coas paisaxes sonoras do arquivo de Carlos Suárez.Aquí podes ver unha mostra do libro en liña ou descargala en PDF.
-
2ª REIMPRESIÓN
O libro dos océanos
21,50€Verteduras de petróleo, sobrepesca, illas de refugallos plásticos… Hai tempo que os nosos mares deixaron de ser fonte de saúde, alimento e benestar. Nas últimas décadas, a contaminación e o espolio dos océanos aumentaron de forma notable. Mais cal é o auténtico estado do meirande ecosistema da Terra? Malia levarmos vivindo dende sempre do mar e co mar, hoxe en día segue a ser un dos territorios máis descoñecidos do planeta. Esta falta de coñecemento podería converterse na ruína do océano e, en consecuencia, na ruína do ser humano.
Cun deseño atractivo e informativo, e textos ben documentados, co apoio científico da German Ocean Foundation, Esther Gonstalla crea neste libro un retrato detallado que nos permite comprender mellor as relacións que existen entre a actividade humana e os cambios que sofre o mar, un retrato que, alén de convidar á reflexión, se converte nun recurso para a acción.
Libro en tapa dura, tamaño A4.
-
Como liberar o potencial do voso neno
18,50€Actividades inspiradas no método Montessori. 0-2 anos
Unha guía práctica, chea de actividades e xogos con obxectos sinxelos que podedes atopar pola casa, e moitos consellos e suxestións interesantes —todos eles en liña cos principios do método Montessori— entre os que poder escoller aqueles que mellor reflictan a personalidade e o período sensible de pequenos de ata dous anos de idade. Os cativos non son obxectos cos que pór en práctica as nosas propostas, senón persoas que precisan un ambiente preparado con coidado, con moitas actividades diferentes e estimulantes que respondan ás súas necesidades de tocar, manipular, explorar con todos os sentidos, alimentando e sostendo o proceso natural de crecemento de cada neno
Podes ver unha pequena mostra do libro en ISSUU ou descargala en PDF
-
As mulleres e os homes
14,00€Cando valoramos traducir As mulleres e os homes, escrito hai corenta anos, pensabamos que se cadra estaría desfasado porque disque neste tema a sociedade foi avanzando. En efecto, desde 1978 até 2018 producíronse moitos cambios, e, por sorte, case sempre para mellor. (Os lectores de máis idade han poder comprobar agora eses cambios ao leren este libro.)
Así e todo, as mulleres non só non desfrutan de moitos privilexios que semellan reservados para os homes, senón que seguen a sofrer en todo o mundo grandes discriminacións.
Aquí podes ver unha mostra do libro en ISUU ou descargala en PDF.