fbpx

Lote Practiquiño

48,50

Velaquí tres obras para facer máis con menos.

Estes tres libros son imprescindibles para aproximarnos máis á coherencia ideal como consumidoras: aplicando consellos e receitas respectuosas co medio para manter limpo o fogar, fuxindo do uso innecesario de plásticos ou comprendendo as causas principais da crise sistémica na que nos atopamos. E agora é posible conseguilas a un prezo especial. Unha oportunidade para levar á práctica os principios da economía social e solidaria.

Hai existencias

Descripción

Tres obras imprescindibles para aproximarnos máis á coherencia ideal como consumidoras: aplicando consellos e receitas respectuosas co medio para manter limpo o fogar, fuxindo do uso innecesario de plásticos ou comprendendo as causas principais da crise sistémica na que nos atopamos. Unha oportunidade para levar á práctica os principios da economía social e solidaria.

Obras incluídas

Arrecende a limpo. Receitas de limpeza ecolóxicas e sinxelas

Mary Ann Simpson

Trad. de María Mediero Mayán

Lembras como cheira unha casa cunha limpeza creativa? Exacto: Arrecende a limpo.

En Arrecende a limpo tes unha manchea de consellos e receitas para cada estancia e material do teu fogar, para limpar electrodomésticos e fornos, eliminar o mofo, afastar os insectos, perfumar armarios e moito mais. Receitas coas que aforrarás tempo, produtos e cartiños. 

Mary Ann Simpson, activista e partidaria da hixiene doméstica e persoal ecolóxicas, recompilou até 200 receitas que podes ir probando e facendo túas para que no fogar todo arrecenda a natural.

A bolsa ou a vida. O 99 % contra a emerxencia climática

Salvador Lladó, con prólogo de Manuel Casal Lodeiro

Trad. de Patricia Buxán Outeiro

Se o petróleo fose un batido de chocolate, xa estariamos sorbendo e facendo ruídos raros. A transición cara ás renovables preséntasenos como a alternativa, pero é tal alternativa se a vía escollida nos aboca a seguirmos sendo no noso día a día peóns dunha partida de xadrez que enfronta o capitalismo contra toda forma de vida do planeta?

A bolsa ou a vida, Salvador Lladó presenta dunha forma clara, didáctica e amena diferentes perspectivas da actual crise ecolóxica: desde a causa central (a necesidade imperiosa de medrar do noso sistema económico), pasando polo seu principal síntoma (a emerxencia climática, posta ademais aquí en relación coa pandemia da covid-19), até unha serie de propostas políticas (ecosocialismo, Green New Deal, decrecemento…) que nacen da necesidade de lle pór freo a un ritmo de produción e destrución da natureza sen precedentes. Estas páxinas servirán para demostrar que ese freo é posible: velaquí un paquete de medidas para dicir non á bolsa e un si rotundo á vida.

Adeus, plástico! Chaves para unha vida sen residuos

Elisa Nicoli e Chiara Spadaro

Trad. de María Mediero Mayán

Sabías que, na historia de vida do plástico, só se reciclou menos do 10 % producido; que na natureza hai espalladas 6300 millóns de toneladas de plástico e que xa se atoparon microplásticos en alimentos como o azucre, o sal ou o mel?

Este libro explica o panorama actual con cifras e datos chave, e está ateigado de consellos prácticos para cambiar os nosos hábitos e reducir os refugallos que xeramos en todos os aspectos da nosa vida cotiá. Un vademécum indispensable para ler, reler, subliñar, ter á man para consulta e chegar sempre á mesma conclusión: reducir é o R máis importante de todos e o noso futuro e o do planeta pasan por deixar de usar plástico e materiais desbotables até chegarmos a un residuo case cero.

obras-incluidas

Información adicional

Peso 0,851 kg
Dimensións 4,2 × 15,3 × 21,5 cm
ISBN

978-84-127425-3-4

FORMATO

Encadernación rústica cosida

XÉNERO

Ensaio

Tamén che recomendamos…

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies