fbpx

A degradación invisible do solo

19,90

A meirande catástrofe ecolóxica está a pasar case inadvertida: cada ano desaparecen no mundo sete millóns de hectáreas de terra fértil, unha superficie equivalente a máis do dobre de Galicia.

Con exemplos sobre o estado de degradación dos solos en Alemaña, Austria e a costa mediterránea da Península Ibérica, e unha análise dos factores causantes, Gerth M. Neugebauer expón, sen medias tintas, os graves riscos aos que se enfronta Europa, así como os mecanismos económicos e os instrumentos lexislativos que promoven tal destrución, unha imaxe na que tamén se reflicte Galicia e que debe servirnos de advertencia.

Porén, esta obra tamén dá motivos para a esperanza e recolle un pequeno catálogo de experiencias transformadoras reais que, especialmente no ámbito urbano, amosan o camiño cara a unha mudanza ecosocial sustentada por solos sans.
Podes ver unha mostra do libro en PDF, aquí.

Dispoñible

Descrición

A meirande catástrofe ecolóxica, valorada polos expertos como máis dramática ca a crise climática, produciuse practicamente sen que a sociedade a advertise. Cada ano desaparecen no mundo sete millóns de hectáreas de terra fértil, o equivalente a máis do dobre da superficie de Galicia. Todo isto ocorre malia coñecermos a grande influencia que o solo como ecosistema ten nas augas, no aire e no clima.

Nesta obra, Gerth M. Neugebauer analiza os mecanismos económicos e os instrumentos lexislativos que promoven tal degradación. Os exemplos de Alemaña, os Alpes austríacos e a costa mediterránea española deben servir para que Galicia tome nota. A acción explotadora e destrutiva do ser humano materialízase na construción sen xeito, na agricultura intensiva e na falta de saneamento industrial. Os retos socioecolóxicos aos que nos enfrontamos pasan pola necesidade de pór freo a un crecemento desmedido á custa dos nosos solos.

Un estudo da ONU predí a destrución de toda a costa do Mediterráneo para o ano 2025. Máis do 90 % de todos os solos de uso agrario do mundo son patóxenos e están sobreexplotados. Con todo, nesta grave situación ambiental, existen propostas de solución que lle dan azos á utopía dunha mudanza socioecolóxica sustentada por solos sans, básicos para a vida e a supervivencia.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución e/ou edición do ano 2019.


Gerth M. Neugebauer

Gerth M. Neugebauer (1948) foi director de museo e docente universitario, e ten dirixido investigacións sobre a historia da paisaxe cultural e da arquitectura. Os seus dilatados estudos sobre a evolución da paisaxe do levante ibérico e dos Alpes austríacos permitíronlle coñecer en detalle a mentalidade ecolóxica e a historia dos solos de Occidente, o que queda fabulosamente reflectido nesta obra en que avoga por unha necesaria ética do solo.

 


 

Características

Peso 0,423 kg
Dimensións 1,5 × 15,3 × 21,5 cm
ISBN

978-84-122499-2-7

FORMATO

Encadernación rústica cosida

Nº PÁXINAS

266

XÉNERO

Divulgación, Ensaio

Hache prestar tamén...

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies