xustiza social
Amosando os resultados (2)
-
NOVIDADE
O aceite de palma: a graxa do imperio
19,00€A historia do aceite de palma comeza como un sacrificio humano capitalista, coa expedición punitiva británica de 1897 contra o Reino edo (actual Nixeria). O relato de Max Haiven remata no réxime carcerario estadounidense, un sistema impulsado polo beneficio onde a poboación reclusa —boa parte da cal ten descendencia africana— é alimentada a base de produtos baratos derivados do aceite de palma.
Polo medio coñeceremos de que modo a industria moderna do aceite de palma se ergueu das cinzas do comercio de persoas escravas e de que modo o aceite de palma foi o ingrediente secreto e o lubricante da revolución industrial.
Podes ver unha mostra do libro aquí.
-
A bolsa ou a vida
17,00€O 99 % contra a emerxencia climática
Se o petróleo fose un batido de chocolate, xa estariamos sorbendo e facendo ruídos raros. A transición cara ás renovables preséntasenos como a alternativa, pero é tal alternativa se a vía escollida nos aboca a seguirmos sendo no noso día a día peóns dunha partida de xadrez que enfronta o capitalismo contra toda forma de vida do planeta?
N´A bolsa ou a vida, Salvador Lladó presenta dunha forma clara, didáctica e amena diferentes perspectivas da actual crise ecolóxica: desde a causa central (a necesidade imperiosa de medrar do noso sistema económico), pasando polo seu principal síntoma (a emerxencia climática, posta ademais aquí en relación coa pandemia da covid-19), até unha serie de propostas políticas (ecosocialismo, Green New Deal, decrecemento…) que nacen da necesidade de lle pór freo a un ritmo de produción e destrución da natureza sen precedentes. Estas páxinas servirán para demostrar que ese freo é posible: velaquí un paquete de medidas para dicir non á bolsa e un si rotundo á vida.
Podes ver unha mostra do libro en PDF, aquí.