fbpx

Unha historia do mundo en sete cousas baratas

19,90

Sobre o capitalismo, a natureza e o futuro do planeta.

Natureza, diñeiro, traballo, coidados, comida, enerxía e vida: estas son as sete cousas que construíron o noso mundo e que conformarán o seu futuro. Mediante o abaratamento destas cousas, o comercio moderno transformou, gobernou e devastou a Terra.

En Unha historia do mundo en sete cousas baratas, Raj Patel e Jason W. Moore presentan un novo enfoque para a análise das urxencias planetarias actuais. Nunha época de crise nestas sete cousas baratas e que eles denominan Capitaloceno, requírese urxentemente unha forma de pensar innovadora e sistémica. Este libro propón un modo novo e radical de comprender (e recuperar) o planeta no turbulento século XXI.

Podes ver unha mostra do libro en ISUU ou en PDF.

Dispoñible

Descrición

O avance do capitalismo ao longo da historia foi posible polo abaratamento continuado de sete cousas: natureza, diñeiro, traballo, coidados, comida, enerxía e vida. Este libro propón un modo novo e radical de comprender (e recuperar) o planeta.

 


Raj Patel

Raj Patel é escritor multipremiado, profesor investigador na LBJ School of Public Affairs da University of Texas (Austin, EUA) e investigador sénior do Departamento de Humanidades da Rhodes University (África do Sur). Entre outras obras, é autor de Obesos y famélicos. El impacto de la globalización en el sistema alimentario mundial (Libros del Lince, 2008) e Cuando nada vale nada. Las causas de la crisis y una propuesta de salida radical (Libros del Lince, 2010).

rajpatel.org

 

 

 


Jason W. Moore

Jason W. Moore é  profesor de Historia Universal na Binghamton University de Nova York e coordinador da World-Ecology Research Network, a rede de investigación sobre a ecoloxía-mundo. É autor de obras como Capitalism in the Web of Life: Ecology and the Accumulation of Capital (Verso Books, 2015) e de numerosos ensaios premiados sobre historia medioambiental, economía política e teoría social.

jasonwmoore.com

 

 

Características

Peso 0,500 kg
Dimensións 2 × 21 × 15 cm
ISBN

978-84-949154-8-2

FORMATO

Encadernación rústica cosida

Nº PÁXINAS

324

XÉNERO

Divulgación, Ensaio

Hache prestar tamén...

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies