feminismo
Amosando os resultados (6)
-
Comando igualdade
19,50€«O Comando foi fogar», «no Comando descubrín todas esas violencias que me atravesaban dende sempre», «non sería a activista que son agora se non fose por el». En Vigo, leva anos xestándose un comando revolucionario que busca a igualdade de xénero e que marca para sempre a vida dunha mocidade que quere un cambio.
Neste libro, Chis Oliveira e Priscila Retamozo contan a historia do Comando Igualdade. Descubre o porqué da súa formación, descubre os valores que promove e comeza a ver o mundo a través dunhas lentes violetas que… unha vez postas, non has quitar xamais.
Un manual introdutorio para xente moza, e non tan moza, interesada en mudar a realidade patriarcal. A revolución comeza nas aulas!
-
A froita do coñecemento
19,90€A vulva contra o patriarcado
Liv Strömquist enfoca con orixinalidade a historia dos xenitais das mulleres nesta obra gráfica instrutiva e tremendamente divertida. Nun colorido mosaico que vai desde a Grecia antiga até a actualidade, a autora desvela séculos de represión sexual e rompe con numerosos prexuízos. Por estas páxinas deambulan, entre outros personaxes, a Bela Dormente, deusas hindús e bruxas medievais, Sartre e Freud.
Cunha documentación minuciosa e cun humor mordaz, Strömquist debuxa a percepción que a sociedade tivo da vulva, o clítoris e a menstruación ao longo da historia. Expón, así mesmo, os mecanismos de estimagtización, politización e patoxilización dos xenitais das mulleres, e o efecto devastador que isto tivo na súa sexualidade.
Podes ver unha mostra do libro en PDF
-
2ª REIMPRESIÓN
Feminismo para o 99 %
12,50€O feminismo para o 99 % é anticapitalista e transnacional. Ante a actual crise política do capitalismo, convídanos á solidariedade con outros movementos radicais para actuarmos desde a nosa diversidade a fin de transformar a sociedade.
Cinzia Arruzza, Tithi Bhattacharya e Nancy Fraser son tres das promotoras da folga feminista de 2017 nos Estados Unidos. En 2018 escriben este manifesto no espírito dos milleiros de mobilizacións feministas. Manifestacións que reinventaron a folga ao faceren paros non só de traballo remunerado, senón tamén de traballo sociorreprodutivo non-remunerado visibilizando a opresión de xénero que o capitalismo exerce ao subordinar o traballo da reprodución social ao da produción de beneficios.
Esta edición galega publícase simultaneamente en 12 edicións distintas, incluída a orixinal inglesa. Unha obra que vai acompañada dun limiar da feminista e escritora María Reimóndez que nos axuda a situar as ideas deste movemento no contexto galego.
-
As mulleres e os homes
14,00€Cando valoramos traducir As mulleres e os homes, escrito hai corenta anos, pensabamos que se cadra estaría desfasado porque disque neste tema a sociedade foi avanzando. En efecto, desde 1978 até 2018 producíronse moitos cambios, e, por sorte, case sempre para mellor. (Os lectores de máis idade han poder comprobar agora eses cambios ao leren este libro.)
Así e todo, as mulleres non só non desfrutan de moitos privilexios que semellan reservados para os homes, senón que seguen a sofrer en todo o mundo grandes discriminacións.
Aquí podes ver unha mostra do libro en ISUU ou descargala en PDF.