Estes tres libros son imprescindibles para aproximarnos máis á coherencia ideal como consumidoras: aplicando consellos e receitas respectuosas co medio para manter limpo o fogar, fuxindo do uso innecesario de plásticos ou comprendendo as causas principais da crise sistémica na que nos atopamos. E agora é posible conseguilas a un prezo especial. Unha oportunidade para levar á práctica os principios da economía social e solidaria.
Lembras como cheira unha casa cunha limpeza creativa? Exacto: Arrecende a limpo. Seguindo a liña de Limpeza creativa, a obra na que Elisa Nicoli nos aconsellaba como facer os nosos produtos de limpeza ecolóxicos, chega agora Arrrecende a limpo.
En Arrecende a limpo tes unha manchea de consellos e receitas para cada estancia e material do teu fogar, para limpar electrodomésticos e fornos, eliminar o mofo, afastar os insectos, perfumar armarios e moito mais. Receitas coas que aforrarás tempo, produtos e cartiños.
Mary Ann Simpson, activista e partidaria da hixiene doméstica e persoal ecolóxicas, recompilou até 200 receitas que podes ir probando e facendo túas para que no fogar todo arrecenda a natural.
Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario. Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón.
ACEPTAR