fbpx

As mulleres e os homes

14,00

Cando valoramos traducir As mulleres e os homes, escrito hai corenta anos, pensabamos que se cadra estaría desfasado porque disque neste tema a sociedade foi avanzando. En efecto, desde 1978 até 2018 producíronse moitos cambios, e, por sorte, case sempre para mellor. (Os lectores de máis idade han poder comprobar agora eses cambios ao leren este libro.)

Así e todo, as mulleres non só non desfrutan de moitos privilexios que semellan reservados para os homes, senón que seguen a sofrer en todo o mundo grandes discriminacións.

Aquí podes ver unha mostra do libro en ISUU ou descargala en PDF.

Esgotado

Descrición

As mulleres e os homes forma parte dunha colección de catro títulos pensada para os lectores máis novos que publicou entre os anos 1977 e 1978 a editorial barcelonesa La Gaya Ciencia. O ditador Franco morrera só un par de anos antes e o país estaba a vivir unha etapa —a Transición— que achegaría os primeiros cambios democráticos.

Cando valoramos traducir este libro escrito hai corenta anos, pensabamos que se cadra estaría desfasado porque disque no tema das mulleres e os homes a sociedade foi avanzando. En efecto, desde 1978 até 2018 producíronse moitos cambios, e, por sorte, case sempre para mellor. (Os lectores de máis idade han poder comprobar agora eses cambios ao leren este libro.)

No entanto, aínda hai moito que facer para acadar a igualdade entre xéneros. O mellor camiño é a educación: ninguén pode pór en dúbida o feito de que as mulleres e os homes somos iguais e temos os mesmos dereitos. Cómpre erradicar os comportamentos machistas da vida cotiá e combater os abusos para poder atinxir un mundo igualitario, que sería —para todos— un lugar mellor para vivir.

Aquí podes ver unha mostra do libro en liña ou descargala en PDF.


Luci Gutiérrez

Luci Gutiérrez (Barcelona, 1977) ilustrou moitos libros infantís. Algúns en Italia e en italiano. Tamén fixo outras obras que non son nin para nenos nin para nenas, como Kamasutra (aínda que a palabra soe graciosa), e outros que son máis ben para ela mesma, como English Is Not Easy (‘O inglés non é doado’), que escribiu e debuxou para ver se así aprendía a lingua dunha vez por todas.

Polo de agora, segue a estudar e viaxa sempre que pode a Nova York, onde ademais publica os seus debuxos en varias revistas, todas en inglés. Nas rúas de Nova York, que son un museo vivo, Luci crúzase con mulleres e homes de todas as partes do mundo: observa con atención estas persoas, debúxaas no seu caderno e despois pasan aos seus libros.

Máis información na súa web.

 


 

Características

Dimensións 1,1 × 18 × 21 cm
ISBN

978 84 945917 7 8

Nº PÁXINAS

48

FORMATO

Encadernación tapa dura

XÉNERO

Infantil / Xuvenil, Libro ilustrado a cor

EDICIÓN

TRADUCIÓN

María Mediero Mayán

Hache prestar tamén...

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies