pegada ecolóxica
Amosando os resultados (2)
-
NOVIDADE
Adeus, plástico!
19,90€Chaves para unha vida sen residuos.
Sabías que, na historia de vida do plástico, só se reciclou menos do 10 % producido; que na natureza hai espalladas 6300 millóns de toneladas de plástico e que xa se atoparon microplásticos en alimentos como o azucre, o sal ou o mel?
Este libro explica o panorama actual con cifras e datos chave, e está ateigado de consellos prácticos para cambiar os nosos hábitos e reducir os refugallos que xeramos en todos os aspectos da nosa vida cotiá. Un vademécum indispensable para ler, reler, subliñar, ter á man para consulta e chegar sempre á mesma conclusión: reducir é o R máis importante de todos e o noso futuro e o do planeta pasan por deixar de usar plástico e materiais desbotables até chegarmos a un residuo case cero.
-
3ª REIMPRESIÓN
Limpeza creativa
14,00€Un manual práctico de ecoloxía doméstica para aprender a elaborar produtos de limpeza e cosméticos con ingredientes naturais, fáciles de preparar e que respectan a saúde e o ambiente. Vinte e cinco receitas e miles de consellos para dicirmos adeus á industria da cosmética e dos produtos de limpeza.
Esta guía práctica adaptada á realidade galega xa vai pola súa 3.º edición, que inclúe unha listaxe de produtores e artesáns actualizada, para que saibas onde mercar produtos respectuosos coa contorna… ou os ingredientes que precisas para facelos ti na casa!