As bicicletas si son para Galicia
19,90€
As bicicletas si son para Galicia aborda o uso da bicicleta dende un punto de vista poliédrico: ecolóxico e ecoloxista, de mobilidade sustentable e feminista. Emporiso, hai moito máis: entrevistas a colectivos e persoas ciclousuarias que usan a bicicleta en diversos contextos de Galicia, consellos prácticos e apuntes terminolóxicos con soporte ilustrado.
Inclúe colaboracións da socióloga Iria Vázquez, o experto en mobilidade Daniel Díaz e o xornalista Carlos Risco que, respectivamente, nos falan sobre bici e xénero, a bicicleta no rural e a bicicleta na Galicia urbana.
Podes ver unha mostra do libro en PDF, aquí.
Lote do Agro
49,90€
Velaquí un conxunto de obras que falan da contorna e da nosa pegada e achegan fórmulas, consellos, prácticas útiles para coidar da contorna do agro e das eiras.
Dende o estado actual dos nosos solos até as solucións para coidar deles, reivindicando o apoderamento do ecofeminismo e da resiliencia e a soberanía alimentaria que podemos acadar facendo cousas pequenas que mudan o rumbo.
Este lote achega tres obras esenciais do catálogo de Catro Ventos Editora a un prezo especial. Unha oportunidade para reconectar coa Terra desde a perspectiva ecosocial tan arraigada no rural galego.
A degradación invisible do solo
19,90€
A meirande catástrofe ecolóxica está a pasar case inadvertida: cada ano desaparecen no mundo sete millóns de hectáreas de terra fértil, unha superficie equivalente a máis do dobre de Galicia.
Con exemplos sobre o estado de degradación dos solos en Alemaña, Austria e a costa mediterránea da Península Ibérica, e unha análise dos factores causantes, Gerth M. Neugebauer expón, sen medias tintas, os graves riscos aos que se enfronta Europa, así como os mecanismos económicos e os instrumentos lexislativos que promoven tal destrución, unha imaxe na que tamén se reflicte Galicia e que debe servirnos de advertencia.
Porén, esta obra tamén dá motivos para a esperanza e recolle un pequeno catálogo de experiencias transformadoras reais que, especialmente no ámbito urbano, amosan o camiño cara a unha mudanza ecosocial sustentada por solos sans.
Podes ver unha mostra do libro en PDF, aquí.