fbpx

Que fai o mosquito por nós?

19,90

A biodiversidade, clave para a vida humana

Atendede ben: sen mosquitos, ídevos esquecendo do chocolate! A natureza é unha rede en que cada organismo desempeña unha función esencial. Non hai especie que non dependa doutra, e os seres humanos non iamos ser a excepción. Sen a diversidade da natureza non dariamos sobrevivido: sen insectos non habería froita, sen microorganismos non habería humus… e, o dito, sen mosquitos non habería chocolate.

Para que iso non pase, este libro, Premio Alemán de Comunicación Medioambiental en 2021, preséntanos, con humor e claridade, o mundo fascinante dos animais e das plantas, que nos agasallan alimentos, seguridade, saúde e moito máis, e amósanos que debemos facer para deter ―aínda estamos a tempo!― a sexta extinción masiva.

Podes ver unha mostra do libro en PDF, aquí.

Dispoñible

Descrición

Que nos pode importar a nós, desde a outra beira do Atlántico, que se extinga unha especie no Brasil da que nunca oiramos falar? E non vos preguntastes algunha vez por que demo existen os mosquitos… ou as carrachas?

Atendede ben: sen mosquitos, ídevos esquecendo do chocolate! A natureza é unha rede en que cada organismo desempeña unha función esencial. Non hai especie que non dependa doutra, e os seres humanos non iamos ser a excepción. Sen a diversidade da natureza non dariamos sobrevivido: sen insectos non habería froita, sen microorganismos non habería humus… e, o dito, sen mosquitos non habería chocolate.

Ao destruírmos esta diversidade estamos a pór en perigo a nosa propia existencia. Para que iso non pase, este libro, Premio Alemán de Comunicación Medioambiental en 2021, preséntanos, con humor e claridade, o mundo fascinante dos animais e das plantas, que nos agasallan alimentos, seguridade, saúde e moito máis, e amósanos que debemos facer para deter ―aínda estamos a tempo!― a sexta extinción masiva.

Autoría

Frauke Fischer

Frauke Fischer doutorouse en Bioloxía cunha investigación de campo en Costa do Marfil sobre os efectos da caza nas poboacións de antílopes. En 2003, fundou a consultora medioambiental auf!. Coautora de obras sobre sustentabilidade e o risco dos monocultivos, colabora coa cátedra de Ecoloxía Animal e Bioloxía dos Trópicos da Universidade de Würzburg (Alemaña) e forma parte do consello científico de WWF Alemaña.

Hilke Oberhansberg

Hilke Oberhansberg é doutora en Economía e cursou o mestrado de Ciencias Medioambientais Interdisciplinares da Universidade a Distancia de Hagen (Alemaña). Traballa dende hai moitos anos no eido da formación e asesoramento ambientais para empresas de ámbito internacional, e forma tamén parte do equipo de auf!.

Esta obra recibiu unha subvención da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

autoria

Características

Peso 0,375 kg
Dimensións 1,8 × 15,3 × 21,5 cm
ISBN

978-84-124635-3-8

Nº PÁXINAS

208

FORMATO

Encadernación rústica cosida

XÉNERO

Divulgación, Ensaio, Infantil / Xuvenil

EDICIÓN

TRADUCIÓN

Patricia Buxán Outeiro

Hache prestar tamén...

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies