Unión Europea
Amosando os resultados (2)
-
Lote do Agro
49,90€Velaquí un conxunto de obras que falan da contorna e da nosa pegada e achegan fórmulas, consellos, prácticas útiles para coidar da contorna do agro e das eiras.
Dende o estado actual dos nosos solos até as solucións para coidar deles, reivindicando o apoderamento do ecofeminismo e da resiliencia e a soberanía alimentaria que podemos acadar facendo cousas pequenas que mudan o rumbo.
Este lote achega tres obras esenciais do catálogo de Catro Ventos Editora a un prezo especial. Unha oportunidade para reconectar coa Terra desde a perspectiva ecosocial tan arraigada no rural galego.
-
A degradación invisible do solo
19,90€A meirande catástrofe ecolóxica está a pasar case inadvertida: cada ano desaparecen no mundo sete millóns de hectáreas de terra fértil, unha superficie equivalente a máis do dobre de Galicia.
Con exemplos sobre o estado de degradación dos solos en Alemaña, Austria e a costa mediterránea da Península Ibérica, e unha análise dos factores causantes, Gerth M. Neugebauer expón, sen medias tintas, os graves riscos aos que se enfronta Europa, así como os mecanismos económicos e os instrumentos lexislativos que promoven tal destrución, unha imaxe na que tamén se reflicte Galicia e que debe servirnos de advertencia.
Porén, esta obra tamén dá motivos para a esperanza e recolle un pequeno catálogo de experiencias transformadoras reais que, especialmente no ámbito urbano, amosan o camiño cara a unha mudanza ecosocial sustentada por solos sans.
Podes ver unha mostra do libro en PDF, aquí.