fbpx

Na sala dos espellos

22,00

A banda deseñada máis recente de Liv Strömquist reflexiona sobre a nosa obsesión pola autooptimización, a imaxe e o aspecto físico (e, sobre todo, polo das mulleres), así como a súa relación coas novas tecnoloxías.

Dende a emperatriz austríaca Sissi até as Kardashian, Liv detense a observar como os espellos, esas ferramentas puídas, domean o mundo actual a base de dopamina e likes, xa que… acaso o smartphone non é unha nova versión do espello da madrasta?

Podes ver unha mostra do libro en PDF

Podes facerte con este libro en prevenda cun desconto do 10 % por tempo limitado xa aplicado no prezo.
Dispoñible para envío a partir do 20/02/2024.

Hai existencias

Descripción

E ti, xa estiveches na sala dos espellos?

A que responden as escenificacións da menor das Kardashian ante o black mirror? Por que milleiros de persoas viven pendentes do seu Instagram? Que pasou neses tres días en que Marilyn Monroe foi fotografada constantemente no hotel Bel Air? Por que a emperatriz Sissi tiña unha sala dos espellos? Que lle di o espelliño á madrasta de Brancaneves?

Mordaz e intelixente, Strömquist reflexiona nesta banda deseñada sobre até que punto a ditadura da imaxe e do espello (en todas as súas formas) minou o modo como nos relacionamos co noso corpo e, en especial, cos corpos das mulleres. Igual ca n’A froita do coñecemento, Strömquist ofrécenos Na sala dos espellos unha maridaxe perfecta de referentes históricos e da cultura pop co apoio teórico de grandes figuras do pensamento como Susan Sontag ou Byung Chul-Han.

Autoría

Liv Strömquist

Liv Strömquist, nada en 1978 en Lund (Suecia), é unha das autoras de banda deseñada feminista máis influentes da escena internacional. Licenciada en Ciencias Políticas, traballa na radio e colabora como ilustradora para diferentes revistas e xornais do seu país. Como activista (sobre todo nos eidos do feminismo e das políticas de asilo), Liv emprega o cómic para elaborar ensaios gráficos sobre diferentes temáticas sociais que aborda cunha documentación minuciosa, con ironía e moito humor, e con referencias heteroxéneas, desde a cultura pop até a Biblia. En 2016, a Universidade de Malmö nomeouna doutora honoris causa.

A autora en instagram.

David Á. Álvarez Martínez

David A. Álvarez Martínez, nado en Salvaterra, á beira do Miño, medrou cerca do Ulla, na Estrada. Licenciado en Filoloxía Alemá e Inglesa pola USC, exerceu a docencia de linguas estranxeiras en Alemaña, Madrid, Suecia e, nos últimos anos, xa en Galicia na EOI. É socio fundador da Asociación Galega de Xermanistas e actual secretario. Formouse paralelamente cun máster en tradución e conta con varios títulos de ficción traducidos desde o sueco, o noruegués e o alemán.

autoria

Información adicional

Peso 0,400 kg
Dimensións 1,5 × 17 × 23,5 cm
ISBN

978-84-127425-2-7

Nº PÁXINAS

172

FORMATO

Encadernación rústica cosida

XÉNERO

Banda deseñada, Ensaio

EDICIÓN

TRADUCIÓN

David Á. Álvarez Martínez

Tamén che recomendamos…

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies