fbpx

A froita do coñecemento

19,90

A vulva contra o patriarcado

Liv Strömquist enfoca con orixinalidade a historia dos xenitais das mulleres nesta obra gráfica instrutiva e tremendamente divertida. Nun colorido mosaico que vai desde a Grecia antiga até a actualidade, a autora desvela séculos de represión sexual e rompe con numerosos prexuízos. Por estas páxinas deambulan, entre outros personaxes, a Bela Dormente, deusas hindús e bruxas medievais, Sartre e Freud.

Cunha documentación minuciosa e cun humor mordaz, Strömquist debuxa a percepción que a sociedade tivo da vulva, o clítoris e a menstruación ao longo da historia. Expón, así mesmo, os mecanismos de estimagtización, politización e patoxilización dos xenitais das mulleres, e o efecto devastador que isto tivo na súa sexualidade.


Podes facerte con este libro en prevenda cun desconto do 10 % por tempo limitado utilizando o código #antesdequesaiafroita.
Dispoñible o 02/03/2021.

Descrición

Na miña cona non manda ninguén. Así se podería resumir a máxima que guía a autora nesta obra gráfica de humor cáustico e documentación precisa. Velaquí en edición galega o maior éxito internacional da feminista e debuxante sueca Liv Strömquist. 

Ao longo dos capítulos, Strömquist debulla os terribles mecanismos patriarcais de patoloxización do corpo e da sexualidade das mulleres. Comeza polo top-7 dos homes que se interesaron de máis por iso que se adoita designar «órgano sexual feminino». Son temas, entre outros, o sistema sexual binario, as intervencións cirúrxicas en bebés intersexo, o clítoris e os orgasmos vaxinal e clitorídeo. Máis adiante, dedica un capítulo á menstruación e á construción do noxo. Basta analizar o discurso perverso da publicidade de compresas e tampóns que vende «limpeza e seguridade» para recoñecer a súa actualidade.

Neste colorido mosaico que vai desde a Grecia antiga até a actualidade, a autora desvela séculos de represión sexual e rompe con numerosos prexuízos. Fronte á conceptualización dos xenitais das mulleres como algo incompleto, Strömquist recolle un vasto repertorio de exhibicións da vulva en diferentes culturas e momentos históricos.

A obra de Strömquist podería cualificarse de cómic-ensaio: usando o debuxo, con moito humor e retranca, a autora condensa aquí perfectamente un extenso traballo investigador.

Autoría

Liv Strömquist

Liv Strömquist, nada en 1978 en Lund (Suecia), é unha das autoras de banda deseñada feminista máis influentes da escena internacional. Licenciada en Ciencias Políticas, traballa na radio e colabora como ilustradora para diferentes revistas e xornais do seu país. Como activista (sobre todo nos eidos do feminismo e das políticas de asilo), Liv emprega o cómic para elaborar ensaios gráficos sobre diferentes temáticas sociais que aborda cunha documentación minuciosa, con ironía e moito humor, e con referencias heteroxéneas, desde a cultura pop até a Biblia.

A autora en instagram.

David Á. Álvarez Martínez

David A. Álvarez Martínez, nado en Salvaterra, á beira do Miño, medrou cerca do Ulla, na Estrada. Licenciado en Filoloxía Alemá e Inglesa pola USC, exerceu a docencia de linguas estranxeiras en Alemaña, Madrid, Suecia e nos últimos anos xa en Galicia na EOI. É socio fundador da Asociación Galega de Xermanistas e actual secretario. Formouse paralelamente cun máster en tradución e conta con varios títulos de ficción traducidos desde o sueco, o noruegués e o alemán.

autoria

Características

Dimensións 1.2 × 17 × 23 cm
ISBN

978-84-122499-4-1

FORMATO

Encadernación rústica cosida

Nº PÁXINAS

144

XÉNERO

Banda deseñada, Ensaio

Hache prestar tamén...

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies