fbpx

O libro do clima

22,50

Todo o que cómpre saber sobre o cambio climático

Seca extrema e vagas de calor, mais tamén ondadas de frío, inundacións e precipitacións intensas: a crise climática converteuse nun problema global que ninguén pode ignorar xa.

Aquí entra en acción O libro do clima: co apoio de investigadoras e investigadores de todo o mundo, Esther Gonstalla traduciu os datos científicos sobre o quecemento do planeta e as complexas relacións que hai entre eles en 50 gráficos claros e reveladores, igual que fixera n’O libro dos océanos.

Podes ver unha mostra do libro en PDF.

Dispoñible

Descrición

Todo o que cómpre saber sobre o cambio climático

Seca extrema e vagas de calor, mais tamén ondadas de frío, inundacións e precipitacións intensas: a crise climática converteuse nun problema global que ninguén pode ignorar xa.

Aquí entra en acción O libro do clima: co apoio de investigadoras e investigadores de todo o mundo, Esther Gonstalla traduciu os datos científicos sobre o quecemento do planeta e as complexas relacións que hai entre eles en 50 gráficos claros e reveladores, igual que fixera n’O libro dos océanos

Esta obra fala do clima e do CO2, do ser humano como axente climático e dos efectos a escala mundial, mais tamén presenta solucións e propostas de actuación para o día o día. Un libro para quen non só coñece e comprende os riscos do cambio climático, senón que tamén quere actuar.

Esta obra recibiu unha subvención da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

Esther Gonstalla

Esther Gonstalla

Esther Gonstalla

Deseñadora gráfica especializada en deseño de libros, infografías e animacións dixitais (Erdgeschoss Grafik), e editora (Edgeschoss Verlag). Co seu traballo gráfico, que xira sempre arredor do estado e a protección do medio natural, pretende visualizar temas complexos de xeito accesible.

Máis información na súa web, youtube, linkedin e no seu blog.

 


 

 

Características

Peso 0,753 kg
Dimensións 1,5 × 29,7 × 21,5 cm
ISBN

978-84-122499-0-3

FORMATO

Encadernación tapa dura

Nº PÁXINAS

132

XÉNERO

Divulgación, Ensaio

Hache prestar tamén...

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies