Catálogo

  • img-book
    Así é a ditadura by: Equipo Plantel e Mikel Casal 14,00

    Así é a ditadura

    Este libro fai parte dunha colección de catro títulos pensada para os lectores máis novos que publicou entre os anos 1977 e 1978 a editorial barcelonesa La Gaya Ciencia.

    O ditador Franco morrera só un par de anos antes e o país estaba a vivir unha etapa —a Transición— que achegaría os primeiros cambios democráticos. Xa pasaron case corenta anos desde aquela e pensamos que o espírito e a maior parte da letra deste libro está completamente vixente, polo que decidimos volver editalo con novas ilustracións.

    Dos textos unicamente tocamos algunha coma (así que non podemos dicir que non tocamos nin unha coma), pero non lle suprimimos nin engadimos nada ao seu contido. No esencial, as ideas e os comentarios son perfectamente válidos, o mesmo que acontece co test, que tamén reproducimos sen alteracións. Convidamos a todos os lectores a o contestar.

    Aquí podes ver unha mostra do libro en Issuu ou descargala en PDF.

  • img-book
    Xuízo aos humanos by: José Antonio Jáuregui, Eduardo Jáuregui, 16,00

    Xuízo aos humanos, os animais toman a palabra

    Os animais do planeta Terra reúnense na selva para celebrar un xuízo extraordinario. Acusan o ser humano de crimes atroces: calumnias, maos tratos e xenocidio. A fiscal, a cobra Kali, e o avogado defensor, o can Filos, exporán os seus argumentos e chamarán diversas testemuñas. É realmente o Homo sapiens unha ameaza para a vida terrestre, unha especie arrogante, cruel e asasina que non merece a liberdade que os seus xenes lle outorgan? Ou pode aínda redimirse perante o resto dos animais? Chegou a hora de se enfrontar á Lei da xungla.

    Inclúe un novo prólogo de Eduardo Jáuregui específico para a edición galega.

    Podes ver unha pequena mostra en Issuu ou descargala en PDF

  • img-book
    Biodiversidade by: Raphaël Billé, Philippe Cury, Michel Loreau, Virginie Maris, Sylvestre Huet (coord.), 18,50

    Biodiversidade, cara a unha sexta extinción masiva.

    O coordinador da obra reúne a catro científicos de distintas especialidades. Todos eles ofrecen e contrastan as súas distintas perspectivas dun mesmo tema: a biodiversidade e a deriva cara a unha sexta extinción en masa. Un ecólogo, un biólogo mariño, un especialista en xestión e economía do medio e unha filósofa do medio convídannos á súa mesa. A partir dos seus coñecementos, dos seus temores mais tamén das súas esperanzas, achégannos unha visión científica e cidadá sobre a sexta extinción masiva, a primeira do Antropoceno.

    O libro divídese claramente en dúas partes: o debate científico e o debate social. Isto fai que resulte máis interesante e que precisamente vaia máis aló da ecoloxía puramente.  Tamén reflexiona sobre as consecuencias económicas e sociais.

    Nunha indiferenza case xeral, o noso planeta entra nunha fase de extinción masiva provocada polo ser humano. A sexta desde que a vida se diversificou na Terra hai 500 millóns de anos. A sobreexplotación dos recursos, o consumo excesivo, a oferta excesiva, as sobrecapacidades tecnolóxicas, o cambio climático, a deforestación, etc., os seres humanos entréganse a unha destrución masiva dos ecosistemas a escala planetaria. E o noso modo de desenvolvemento condena probablemente unha especie cada vinte minutos.

    Cales son os mecanismos e as causas principais da extinción das especies? Que podemos esperar das axendas políticas? Cómpre promover unha ecoloxía de combate ou unha ecoloxía da reconciliación que volva colocar o ser humano na natureza? Como evitar ou limitar esta sexta extinción?

    Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2017.

    Podes ver unha pequena mostra do libro en Issuu ou descargala en PDF

  • img-book
    Limpeza creativa by: Elisa Nicoli 12,00

    Limpeza creativa: Produtos de limpeza e cosmética naturais feitos por ti, para coidarte e coidares a casa.

    Un manual práctico de ecoloxía doméstica para aprender a elaborar produtos de limpeza e cosméticos con ingredientes naturais, fáciles de preparar e que respectan a saúde e o ambiente. Vinte e cinco receitas e miles de consellos para dicirmos adeus á industria da cosmética e dos produtos de limpeza.

    Xabóns e deterxentes ecolóxicos e eficaces para lavar a roupa, a louza e o chan; xabóns e aceites curativos, pastas de dentes e cremas hidratantes, un kit de beleza esencial para coidares de ti de maneira natural, do cabelo ás mans, do rostro á punta dos pés. Para sermos limpos, en todos os sentidos. E porque ben que o merecemos!

    Nunha edición actualizada e adaptada á realidade galega acompañada dunha listaxe de artesáns e produtores da contorna que traballan con produtos naturais.

    Máis de 10 000 exemplares vendidos en Italia.

    Bótalle un ollo en ISUU aquí ou descarga o PDF

    Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2017.

  • img-book
    Demain (Mañá) – Blu-ray by: Ciryl Dion, Mélanie Laurent, 14,95

    Demain – Mañana – Mañá (BLU-RAY)

    Que pasaría se o mundo do MAÑÁ, baseárase en solucións ou contar historias que fan o ben? E se esa fose a mellor maneira de resolver os problemas ecolóxicos, económicos e sociais que ten o noso planeta?

    Tras a publicación dun estudo que anunciaba a posible desaparición de parte da humanidade de aquí a 2100, Cyril Dion e Mélanie Laurent propuxéronse, xunto a un equipo de catro persoas, iniciar a súa propia investigación en dez países. Querían achar que podería estar a provocar tal catástrofe e, sobre todo, como se podería evitar.

    Durante a súa viaxe coñeceron pioneiros que estaban a reinventar a agricultura, a enerxía, a economía, a democracia e a educación. Xente que estaba a por en práctica estas iniciativas, concretas, positivas. A través de iniciativas que xa están en marcha nalgúns lugares demostrando que funcionan, os directores comezaron a se decatar de como podería ser o mañá…

    Colaboramos con Karma Films neste proxecto para que agora poidas ver este afamado documental con subtítulos en galego. Tamén está dispoñible en castelán (subtítulos e dobraxe) e catalán (subtítulos).

    Dispoñible tamén en DVD.

  • img-book
    Demain (Mañá) – DVD by: Ciryl Dion, Mélanie Laurent, 12,95

    Demain – Mañana – Mañá (DVD)

    Que pasaría se o mundo do MAÑÁ, baseárase en solucións ou contar historias que fan o ben? E se esa fose a mellor maneira de resolver os problemas ecolóxicos, económicos e sociais que ten o noso planeta?

    Tras a publicación dun estudo que anunciaba a posible desaparición de parte da humanidade de aquí a 2100, Cyril Dion e Mélanie Laurent propuxéronse, xunto a un equipo de catro persoas, iniciar a súa propia investigación en dez países. Querían achar que podería estar a provocar tal catástrofe e, sobre todo, como se podería evitar.

    Durante a súa viaxe coñeceron pioneiros que estaban a reinventar a agricultura, a enerxía, a economía, a democracia e a educación. Xente que estaba a por en práctica estas iniciativas, concretas, positivas. A través de iniciativas que xa están en marcha nalgúns lugares demostrando que funcionan, os directores comezaron a se decatar de como podería ser o mañá…

    Colaboramos con Karma Films neste proxecto para que agora poidas ver este afamado documental con subtítulos en galego. Tamén está dispoñible en castelán (subtítulos e dobraxe) e catalán (subtítulos).

    Dispoñible tamén en Blu-ray.

     

  • img-book
    A ruta dos refuxiados by: Unai Beroiz, Felipe Carnotto, Adrián Irago, Cristian López, Juan Teixeira, 16,00

    A ruta dos refuxiados

    É nas miradas onde se agochan a maioría de respostas dos refuxiados e este libro trata, precisamente, sobre a mirada. Sobre a ollada de tres fotógrafos galegos que documentan a maior crise humanitaria que viviu a chamada Unión Europea, miradas propias cun elemento común: o foco posto nas vítimas e o lente orientado ao seu contexto.

    Páxinas feitas de miradas de terror, de recordos que apenas poden contarse con palabras; de miradas que nos miran, preguntando como e por que este trato, de que fixeron para merecer tal desprezo; de olladas cheas de abulia e desconfianza entre quen os recibe; de miradas que berran inxustiza; de miradas cargadas de angustia e desesperanza, pasada, presente e futura.

    Por cada exemplar vendido destinarase 1 euro á organización de axuda aos refuxiados escollida polos autores que neste caso é DO YOUR PART.

    Bótalle un ollo en ISUU aquí ou descarga o PDF.

  • img-book
    Transición ecolóxica by: Aurore Lalucq, Philippe Frémeaux, Wojtek Kalinowski, 18,50

    Transición ecolóxica, manual de uso

    Apostar pola transición ecolóxica non significa propor un simple reverdecemento do sistema actual. Significa adoptar un novo modelo económico e social, que rompa coa ditadura do PIB.

    O cambio climático e o esgotamento dos recursos provocarán crises cada vez máis dramáticas se non reaccionamos con moita rapidez. A boa nova é que existen solucións e que non teñen por que ser punitivas: ao contrario, poden permitirnos vivir mellor.

    Un modelo que renove as nosas formas de consumir, producir, traballar e convivir. Un modelo que favoreza o pracer, as relacións, o tempo libre. Un modelo que permita e fomente a participación da cidadanía.

    Bótalle un ollo en ISUU aquí ou descarga o PDF.

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de cookies pincha na ligazón. PECHAR