Descrición
Que ameaza o mar?
Accidentes en plataformas petrolíferas, remuíños de refugallos plásticos, sobrepesca…: hai tempo que os mares deixaron de ser unicamente lugares de saudade e paraísos vacacionais; nas últimas décadas, a contaminación e o espoliación aumentaron de forma notable. Pero como lle vai en realidade ao meirande ecosistema da Terra? Malia que levamos dende sempre vivindo do mar e vivindo co mar, hoxe en día segue a ser un dos últimos territorios descoñecidos do planeta. Se até a Lúa está mellor investigada que as xigantescas masas de auga que tan importantes son para a Terra.
Precisamente esta falta de coñecemento podería converterse na ruína do océano, e a nosa ruína! Para poder protexer este ecosistema tan sensible cómpre que entendamos mellor as relacións que existen entre a acción humana e os os cambios que sofre o biótopo mariño. Con este obxectivo, O libro dos océanos fai un completo retrato dos riscos e das oportunidades que permite ver claramente as relacións e interdependencias. Inclúe 45 gráficos de deseño atractivo e fáciles de comprender.
Podes ver unha mostra do libro en ISUU ou en PDF.
Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución e/ou edición do ano 2018
Esther Gonstalla
Deseñadora gráfica especializada en deseño de libros, infografías e animacións dixitais (Erdgeschoss Grafik), e editora (Edgeschoss Verlag). Co seu traballo gráfico, que xira sempre arredor do estado e a protección do medio natural, pretende visualizar temas complexos de xeito accesible.
Para este traballo sobre os océanos contou co apoio da fundación alemá German Ocean Foundation.
Máis información na súa web, youtube, linkedin e no seu blog.