fbpx

Comando Igualdade

19,50

«O Comando foi fogar», «no Comando descubrín todas esas violencias que me atravesaban dende sempre», «non sería a activista que son agora se non fose por el». En Vigo, leva anos xestándose un comando revolucionario que busca a igualdade de xénero e que marca para sempre a vida dunha mocidade que quere un cambio.

Neste libro, Chis Oliveira e Priscila Retamozo contan a historia do Comando Igualdade. Descubre o porqué da súa formación, descubre os valores que promove e comeza a ver o mundo a través dunhas lentes violetas que… unha vez postas, non has quitar xamais. 

Un manual introdutorio para xente moza, e non tan moza, interesada en mudar a realidade patriarcal. A revolución comeza nas aulas!

Podes ver unha mostra do libro, aquí.

Dispoñible

Descrición

Comando Igualdade. A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas! explica o porqué da formación deste colectivo vigués integrado por adolescentes que foi tomando forma nas aulas de Filosofía dun instituto, o debate social e transversal que busca xerar a mocidade que o conforma e a necesidade de que exista un Comando Igualdade non só en todos os centros de estudos, senón tamén en calquera recuncho da sociedade.

Nun mundo que nos ensina a odiarnos, querérmonos é revolucionario. Chis Oliveira e Priscila Retamozo, ao comezo mestra e alumna, e agora compañeiras, son as autoras deste manual para desaprender condutas sexistas que non sabiamos que tiñamos inculcadas e automatizadas, para deixar atrás a miopía dos prexuízos que non nos deixa ver con nitidez e para pór en práctica a equidade, a empatía e a corresponsabilidade de forma colectiva e horizontal, e dende unha perspectiva ecofeminista. 

A revolución comeza nas aulas! Soñamos con comandos en todas as realidades (na escola, no traballo, nos adestramentos, nas clases de pintura…), e neste libro tes as chaves para formar o teu. Fai parte do cambio e consigue que a igualdade sexa a verdadeira medida de todas as cousas.

A edición conta cun prólogo de Ledicia Costas.

Esta obra recibiu unha axuda da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia relativa a gastos de edición, distribución e comercialización no ano 2021.

O comando para min

Mapa de recursos

Autoría

Chis Oliveira Malvar

Catedrática de Filosofía e doutora en Educación Afectivo-sexual, foi profesora en diferentes mestrados de Xénero, presidenta da ONG Federación de Planificación Familiar de España, impulsora do Comando Igualdade e unha das fundadoras de Enxergo e Nexos de Didáctica da Filosofía.

Chis é todo un referente na educación con perspectiva de xénero e foi galardoada cos premios Educación y Sociedad, Premio Irene, Viguesa Distinguida, Coeducación CLAVICO, Mulleres en Acción e Premio Ernestina Otero.

Entre os seus máis de trinta libros, salientan Ám@me (Galaxia, 2018), Eros: Materiais para pensar o amor (Xerais, 1994) e La educación sentimental. Una propuesta para adolescentes (Icaria, 1998).

Priscila Retamozo Ramos

Politóloga e cun mestrado en Igualdade de Xénero, está especializada en coeducación, violencia contra as mulleres e políticas públicas con perspectiva de xénero. Traballou como asistente técnica na ONU Mulleres Ecuador en prol da igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres, e actualmente combina a coordinación do Comando Igualdade co labor de relatora e formadora para a sensibilización e prevención da violencia de xénero, o fomento do bo trato e a coeducación. Este é o seu primeiro libro.

autoria

Características

Peso 0,430 kg
Dimensións 1,5 × 17 × 22,5 cm
ISBN

978-84-122499-7-2

Nº PÁXINAS

172

FORMATO

Encadernación rústica cosida

XÉNERO

Divulgación, Ensaio

EDICIÓN

Hache prestar tamén...

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies