fbpx

Infocracia

15,00

A dixitalización e a crise da democracia

A dixitalización avanza sen pausa e irrompe na esfera política, onde provoca grandes distorsións no proceso democrático. As campañas electorais preséntanse como guerras de información nas que todo medio técnico e psicolóxico é válido.
Propaganda, fake news, campañas difamatorias e teorías da conspiración dominan o debate político. Con psicopolítica e psicometría dixital búscase influír nas decisións de voto e evitar as decisións conscientes.

Por primeira vez editado en galego, Byung-Chul Han describe neste último ensaio a actual crise da democracia e atribúea ao cambio estrutural da esfera pública na dixitalización. Esa crise ten un nome: infocracia.

Podes ver unha mostra do libro, aquí.

Dispoñible

A dixitalización avanza sen pausa. Atórdanos a avalancha de datos e comunicación e, a un tempo, sentimos impotencia ante un tsunami de información que desprega forzas deformadoras e destrutivas. Actualmente, a dixitalización entrou xa na esfera política, onde provoca grandes distorsións no proceso democrático. As campañas electorais preséntanse como guerras de información nas que todo medio técnico e psicolóxico é válido. Nas redes sociais, empréganse contas ficticias automatizadas que divulgan fake news, impulsan campañas difamatorias e odio, e inflúen na formación de opinión política. As teorías da conspiración e a propaganda dominan o debate político. Con psicopolítica e psicometría dixital búscase influír nas decisións de voto e evitar as decisións conscientes. 

Por primeira vez editado en galego, Byung-Chul Han describe neste último ensaio a actual crise da democracia e atribúea ao cambio estrutural da esfera pública na dixitalización. Esa crise ten un nome: infocracia.

Autoría

Byung-Chul Han

Byung-Chul Han (Seúl, 1959) é filósofo, teórico da cultura e ensaísta alemán de orixe surcoreana. En Friburgo e Múnic, estudou Filosofía, Literatura Alemá e Teoloxía Católica. Impartiu docencia universitaria en Basilea e en Karlsruhe, e ocupou a cátedra de Filosofía e Estudos Culturais da Universidade das Artes de Berlín. As súas publicacións, que, entre outros temas, abordan a crítica ao neoliberalismo e á sociedade do traballo, traducíronse a numerosas linguas; esta é a primeira vez que unha obra súa se edita en galego. Han é hoxe en día un dos filósofos máis destacados do pensamento contemporáneo. Como publicou El País, «O filósofo alemán vivo que máis se le en todo o mundo é coreano: Byung-Chul Han».

autoria
Peso 0.200 kg
Dimensións 1.2 × 15.3 × 21.5 cm
ISBN

978-84-124635-5-2

FORMATO

Encadernación rústica cosida

Nº PÁXINAS

68

XÉNERO

Ensaio

Hache prestar tamén...

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies