Descrición
Actividades inspiradas no método Montessori. 0-2 anos
É un libro práctico para os pais, con moitos consellos para pór en práctica co neno, actividades sinxelas con obxectos que é doado atopar pola casa e suxestións inspiradas nos principios de filosofía montessoriana, que considera que o cativo necesita un ambiente adicado a el e preparado con tento, con moitas actividades diferentes para que el mesmo escolla a máis axeitada segundo a súa necesidade de tocar, manipular, explorar con todos os sentidos, alimentando e sostendo a evolución natural do crecemento de cada pequeno.
Na primeira parte, a autora asenta un pouco as súas ideas sobre a mellor maneira de educar os nenos, explica os principios da filosofía Montessoriana, acompañándoos dunha xustificación que os apoia e describe os materiais necesarios para realizar as actividades que suxire o libro. Na segunda parte, propón actividades e consellos para estimulalos e axudar a que desenvolvan diversas destrezas de forma autónoma. En cada actividade explica cales son os seus beneficios, porque facela dun xeito e non doutro, os materiais precisos e a fase de desenvolvemento na que mellor pode funcionar.
Podes ver unha pequena mostra do libro en ISSUU descargala en PDF.
Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución e/ou edición do ano 2018.
Daniela Valente
Italiana nacida en 1979, Montessori pasou a formar parte da súa vida coa chegada do seu neno, do que decidiu ocuparse a tempo completo, polo que tomou un descanso na súa traxectoria profesional e, en vista dos resultados excepcionais acadados co seu fillo, decidiu promover activamente o método Montessori a través de varias publicacións e doutras iniciativas, como a páxina web www.montessori4you.it.
Na actualidade, alén de coordinar este proxecto, é directora editorial da editora Coccole books, que fundou hai doce anos. Ocúpase da promoción á lectura de proxectos infantís e leva anos traballando como asesora para escolas e diferentes organismos públicos e coordinando cursos de formación para pais e mestres.