Descrición
Os animais toman a palabra
Os animais do planeta Terra reúnense na selva para celebrar un xuízo extraordinario. Acusan o ser humano de crimes atroces: calumnias, maos tratos e xenocidio. A fiscal, a cobra Kali, e o avogado defensor, o can Filos, exporán os seus argumentos e chamarán diversas testemuñas. É realmente o Homo sapiens unha ameaza para a vida terrestre, unha especie arrogante, cruel e asasina que non merece a liberdade que os seus xenes lle outorgan? Ou pode aínda redimirse perante o resto dos animais? Chegou a hora de se enfrontar á Lei da xungla.
Inclúe un novo prólogo de Eduardo Jáuregui específico para a edición galega.
Podes ver unha pequena mostra en Issuu ou descargala en PDF.
José Antonio Jáuregui

José Antonio Jáuregui
José Antonio Jáuregui (1941-2005) foi antropólogo, pensador e escritor. Desenvolveu teorías e conceptos que se adiantaron ao seu tempo, como a análise do «sentimento tribal», o seu modelo emocional do comportamento humano e a definición dunha cultura europea común. Alén de escribir numerosos libros e artigos, dirixiu series de televisión e radio.
Faleceu de forma repentina deixando inacabada esta novela.
Eduardo Jáuregui
Eduardo Jáuregui (1971) é doutor en Ciencias Políticas e Sociais, e publicou varios libros de divulgación sobre o sentido do humor e a psicoloxía positiva. Após a morte de seu pai, completou e editou o manuscrito de Xuízo aos humanos.