ensaio
Amosando os resultados (2)
-
1ª REIMPRESIÓN
A froita do coñecemento
19,90€A vulva contra o patriarcado
Liv Strömquist enfoca con orixinalidade a historia dos xenitais das mulleres nesta obra gráfica instrutiva e tremendamente divertida. Nun colorido mosaico que vai desde a Grecia antiga até a actualidade, a autora desvela séculos de represión sexual e rompe con numerosos prexuízos. Por estas páxinas deambulan, entre outros personaxes, a Bela Dormente, deusas hindús e bruxas medievais, Sartre e Freud.
Cunha documentación minuciosa e cun humor mordaz, Strömquist debuxa a percepción que a sociedade tivo da vulva, o clítoris e a menstruación ao longo da historia. Expón, así mesmo, os mecanismos de estimagtización, politización e patoxilización dos xenitais das mulleres, e o efecto devastador que isto tivo na súa sexualidade.
Podes ver unha mostra do libro en PDF
-
Biodiversidade
18,50€Cara a unha sexta extinción masiva.
Nunha indiferenza case xeral, o noso planeta entra nunha fase de extinción masiva provocada polo ser humano, a sexta desde que a vida se diversificou na Terra hai 500 millóns de anos. Cales son os mecanismos e as causas principais e como evitar ou limitar esta sexta extinción?Podes ver unha pequena mostra do libro en PDF