• img-book
    Limpeza creativa contraportada

    Elisa Nicoli

ISBN: 978-84-945917-3-0

Limpeza creativa

de: Elisa Nicoli

Un manual práctico de ecoloxía doméstica para aprender a elaborar produtos de limpeza e cosméticos con ingredientes naturais, fáciles de preparar e que respectan a saúde e o ambiente. Vinte e cinco receitas e miles de consellos para dicirmos adeus á industria da cosmética e dos produtos de limpeza.

Nunha edición actualizada e adaptada á realidade galega acompañada dunha listaxe de artesáns e produtores da contorna que traballan con produtos naturais.

Bótalle un ollo en ISUU aquí ou descarga o PDF

12,00

Unidades dispoñibles

Cantidade:
Ocultar

LIMPEZA CREATIVA:

Produtos de limpeza e cosmética naturais feitos por ti, para coidarte e coidares a casa. Manual con ingredientes e receitas.
Un manual práctico de ecoloxía doméstica para aprender a elaborar produtos de limpeza e cosméticos con ingredientes naturais, fáciles de preparar e que respectan a saúde e o ambiente. Vinte e cinco receitas e miles de consellos para dicirmos adeus á industria da cosmética e dos produtos de limpeza. Xabóns e deterxentes ecolóxicos e eficaces para lavar a roupa, a louza e o chan; xabóns e aceites curativos, pastas de dentes e cremas hidratantes, un kit de beleza esencial para coidares de ti de maneira natural, do cabelo ás mans, do rostro á punta dos pés. Para sermos limpos, en todos os sentidos. E porque ben que o merecemos! Nunha edición actualizada e adaptada á realidade galega acompañada dunha listaxe de artesáns e produtores da contorna que traballan con produtos naturais. Máis de 10 000 exemplares vendidos en Italia. Bótalle un ollo en ISUU aquí ou descarga o PDF

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2017.

ISBN: 978-84-945917-3-0
Editora: Catro Ventos Editora
Data de publicación: 2017
Número de páxinas: 136

Autoría:Elisa Nicoli
Naceu en Bolzano (Italia) e traballa como documentarista, xornalista, educadora ambiental e autoprodutora. Especializada en ecoloxía e nunha forma de vida natural, é autora de diversas obras en italiano, entre elas, L’erba del vicino (Altreconomia) e Senza pesare sulla terra (Ediciclo). Este é o primeiro título dela que se traduce ao galego.

Información adicional

Weight 0.190 kg
Dimensions 13 x 1.5 x 21 cm

“Limpeza creativa”

Non hai opinións aínda.