Puntos de venda
Librarías e bibliotecas
Podes atopar as nosas obras en calquera libraría de Galicia ou consultalas na rede de bibliotecas.
Se es unha libraría, ten en conta que traballamos coa distribuidora Consorcio, polo que podes contactar directamente con ela para solicitar as nosas obras.
Outros espazos
Contamos con outros espazos nos que podes atopar as nosas obras. Son lugares que, sen ser librarías, tamén están interesados polos eidos nos que traballamos.
Se consideras que o teu espazo é afín aos nosos principios, non dubides en contactar connosco para acceder á nosa rede de distribución.
Colectivos e asociacións
Se pertences a un colectivo, grupo de consumo ou asociación, non dubides en contactar connosco.
Estaremos encantados de ofrecervos un desconto nas nosas obras e de buscar espazos de colaboración.
Espazos amigos
A seguir vai unha listaxe dos nosos Espazos amigos, os lugares de distribución directa onde podes facerte coas nosas obras.