fbpx

A pegada dixital

19,90

Gobernos e institucións de todo o mundo están a presentar na actualidade novas iniciativas para regular as tecnoloxías dixitais e as infraestruturas das redes. Porén, a maioría desas iniciativas políticas ignoran como a dixitalización afecta de moitas outras formas a sustentabilidade ambiental e a xustiza social.

Este libro elaborado pola rede de investigación académica Digitalization for Sustainability – Science in Dialogue (D4S) defende que a regulación da dixitalización debe ser quen de responder aos retos sociais actuais. O cambio climático desbocado, a perda da biodiversidade, o incremento da polarización social e a erosión da democracia esixen medidas áxiles e decididas. O que precisamos é unha reprogramación (reset) dixital: un cambio de dirección radical da finalidade das tecnoloxías dixitais para que traballen nunha transformación profunda que favoreza a sustentabilidade.

Podes ver unha mostra aquí

Dispoñible

Descrición

Reformulando a pegada dixital

O estado dos coñecementos científicos demostra que a dixitalización, na súa forma actual e dominante, non ofrece solucións e que os cambios progresivos non abondan para remediar esta situación. Daquela, o que precisamos é unha reprogramación (reset) dixital: un cambio de dirección radical da finalidade das tecnoloxías dixitais para que traballen nunha transformación profunda que favoreza a sustentabilidade. Con este obxectivo, cómpre que a gobernanza se rexa por varios principios:

  • as tecnoloxías deben fabricarse consonte deseños rexenerativos,
  • deben buscar innovacións sistémicas que impulsen a circularidade e a suficiencia,
  • deben mellorar a resiliencia económica e
  • promover a soberanía dixital e a equidade social.

Nesta obra da D4S explícase como estes principios poden guiar o uso das tecnoloxías dixitais para atinxir transformacións profundas que favorezan a sustentabilidade nos seguintes sectores: a agricultura, a mobilidade, a industria, a enerxía, a construción e o consumo xeral de bens e servizos.

Para que a dixitalización favoreza a sustentabilidade cómpre satisfacer tres requisitos:

  1. Reducir os impactos sociais e ambientais ligados á produción e o funcionamento das novas tecnoloxías.
  2. Controlar os modelos de negocio das grandes empresas tecnolóxicas (coñecidas como as «Big Tech»).
  3. Lograr que a gobernanza dos datos e a intelixencia artificial (IA) impulse de forma decidida unha economía circular baseada na información.

Para considerar un éxito o cambio de rumbo da dixitalización precisamos medidas políticas decididas. Tamén necesitamos unha visión clara do papel que as tecnoloxías dixitais deben xogar na busca de formas de vida decentes, respectando ademais os límites do planeta.

Autoría

Digitalization for Sustainability

A Digitalization for Sustainability – Science in Dialogue (D4S, ‘Dixitalización pola sustentabilidade. A ciencia polo diálogo’) é unha rede de investigación na que académicos e profesionais europeos representan un grande abano de disciplinas científicas e correntes de pensamento. A investigación realizada na D4S céntrase no desenvolvemento dunha visión progresiva que aposta por unha dixitalización que favoreza transformacións profundas para alcanzar a sustentabilidade.

O proxecto D4S está coordinado polo Prof. Dr. Tilman Santarius e o seu equipo (Patricia Jankowski e Johanna Pohl) no Centro polo Futuro Dixital Einstein da Universidade Técnica de Berlín e está financiado pola Fundación Robert Bosch.

Neste libro participaron tamén Tim Schwanen, Lina Dencik, Ilias Iakovidis, Hugues Ferreboeuf, Tomás Díez, Lorenz M. Hilty, Dorothea Kleine, Lucia Reisch, Marianne Ryghaug, Mattias Höjer, Steffen Lange, Stephanie Hankey, Philipp Staab e Angelika Hilbeck.

Máis información: https://digitalization-for-sustainability.com

autoria

Características

Peso 0,300 kg
Dimensións 1 × 15,3 × 21,5 cm
ISBN

978-84-127425-5-8

Nº PÁXINAS

160

FORMATO

Encadernación rústica cosida

XÉNERO

Ensaio

EDICIÓN

TRADUCIÓN

Miguel Braña Montaña

Hache prestar tamén...

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies