futuro
Amosando os resultados (2)
-
A lingua en futuro
19,00€A mocidade imaxina o 2050
Como estará a nosa lingua así que pasen 10 000 días?
Que nos depara o 2050? Falaremos o galego que falamos agora? E que ten que pasar para que sigamos a falalo?
Nesta obra colectiva, dezasete persoas novas de eidos diversos (ciencia, música, tradución, xornalismo, docencia…) falan de como ven a lingua na actualidade, imaxinan o seu futuro e comparten os desexos que teñen para ela. Responden así ás preguntas formuladas polo sociolingüista Fernando Ramallo «Como cres que estaremos a mediados de século?» e «Como desexas que esteamos a mediados de século?».
A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050 constitúe a réplica da xente nova ao volume A lingua en 2050 que Catro Ventos publicou en 2021.
Podes ver unha mostra do libro aquí.
-
A lingua en 2050
19,90€«Como imaxinas a situación da lingua en 2050?». Esta foi a pregunta feita a 25 persoas ligadas ao galego (xornalistas, profesorado, escritoras, políticos…). Aquí recollemos a súa visión de como estaremos, mais tamén os seus desexos de como lles prestaría estar.
Este volume colectivo, ideado e coordinado polo sociolingüista e profesor da Universidade de Vigo Fernando Ramallo, conta coas reflexións e soños sobre a situación da lingua galega en 2050 de Fran Alonso, Xesús Alonso Montero, Celso Alvarez Cáccamo, Xosé Luís Axeitos, Darío Xohán Cabana, Conchi Cochón Rodríguez, Xosé-Henrique Costas González, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Valentín García Gómez, María Pilar García Negro, Xenaro García Suárez, Luís López Alonso, Rosa López Fernández, Anxo M. Lorenzo Suárez, Marcos Maceira Eiras, X. L. Méndez Ferrín, Henrique Monteagudo, Teresa Moure, Manuel Núñez Singala, Fernando Ramallo, Xosé Luís Regueira, Gabriel Rei-Doval, Francisco Rodríguez Sánchez, Rexina Rodríguez Vega e Iolanda Teixeiro Rei.
Unha lingua non morre se o pobo a fala. Sirvan estas reflexións para que as dúas preguntas do libro (a razón e o desexo) sexan unha e no 2050 o galego vexa por diante cen primaveras, veráns, outonos e invernos máis.
Podes ver unha mostra do libro en PDF, aquí.