Nas seguintes ligazóns, podedes atopar varios recursos que vos han ser de utilidade para pór en práctica algunhas das actividades que aconsella o noso libro Como liberar o potencial do voso neno, todas elas pensadas para cativos de 0 a 2 anos e medio.
Tarxetas de vocabulario dos animais de granxa (con nome e sen nome).
Tarxetas de vocabulario das froitas (con nome e sen nome).
Tarxetas de vocabulario das hortalizas (con nome e sen nome).
Kit completo de actividades, que inclúe:
-Modelos para realizar tres móbiles: o móbil de Munari (instrucións dispoñibles en www.catroventos.gal/mobil-munari), o móbil das bailarinas e o móbil dos octaedros.
-Modelos para aprender a pór a mesa.
-Tarxetas mudas dos animais de granxa e da froita.
-Tarxetas para aprender as cores cos automóbiles.
-Tarxetas de asociación de froitas e hortalizas por cores.
Que desfrutedes cos vosos pequechos!