Chega o primeiro libro da nova etapa de Catro Ventos Editora, Razóns de peso. Desbordamentos, desexos e outras incomodidades gordas, unha obra sobre activismo gordo en Galiza que reúne voces diversas para falar de gordofobia, vivencias, resistencias e comunidade.
Para facer realidade o primeiro libro contra a gordofobia escrito en galego, acabamos de lanzar unha campaña de crowdfunding na que ti tamén podes achegar o teu gran de area a través de recompensas variadas (obradoiros, comida, roupa, libros e moito máis).
O libro
Esta obra procura romper os estereotipos e prexuízos contra as persoas gordas, denunciar as violencias ás cales son sometidas, ao tempo que empodera e contribúe á creación de comunidade e sentimento de pertenza coa reivindicación alegre. Será o primeiro libro contra a gordofobia en galego, levando ao papel un movemento vivo nas redes sociais e no tecido asociativo.
Andrea Nunes (poeta) e Leticia Citoula (activista) son a coordinadoras deste libro e nel participan un total de 19 autorías con creacións que van da poesía á narración autobiográfica, pasando pola ficción, a colaxe, a música ou o ensaio breve. En concreto, participan:
- Adriana Guede.
- Ailén Kendelman e Areta Bolado, da compañía de teatro A Panadaría.
- Alba Cobo.
- Andre Bosque.
- Andrea Nunes.
- Andrea Rico Adega (Mané).
- Angelly Ferreiro Silva.
- Antonella Rodríguez Acosta.
- Aranxa Vicens.
- Iván Folgueira Pérez.
- Leticia Citoula.
- Lucía Aldao.
- Magda Piñeyro.
- María von Touceda.
- Mercè Nebot Ventura.
- Vanesa de Sousa García.
- Vanessa Glemsel.
- Violeta Maroto Romero.
A túa colaboración
Participa no crowdfunding e fai posíbel a publicación dun libro pioneiro. Se o fas durante os 10 primeiros días (antes do 10 de febreiro), entras no sorteo dun pack de libros de autorías desta antoloxía.
Aquí podes acceder a toda a info: i.gal/Razonsdepeso
Esta é a única vía de financiamento para este proxecto e desde Catro Ventos pomos o noso traballo ao servizo deste libro como unha forma, tamén, de activismo.
Imprimiranse 500 exemplares e farase unha versión e-book. Ademais, a publicación será realizada con criterios de ecoedición e sustentabilidade para minimizar o impacto medioambiental.
O proceso de creación do libro está xa avanzado e presentarase o día 10 de abril en Compostela, agardámoste!
