Libro coordinado por Andrea Nunes Brións e Leticia Citoula, que nos fala de peso, non do que se mide nas básculas, senón do peso simbólico que cargamos as persoas que habitamos corpos gordos, e do peso político que decidimos asumir. Este libro nace, tamén, do desbordamento e da necesidade de pór o corpo (o corpo extenso que somos) no centro da palabra. Dezanove voces diversas (mulleres, persoas trans-non binarias, bolleras, maricas) que nos xuntamos para dicir que xa non temos nada que xustificar para falar de amor, de sexo, de soidade, de saúde mental e física, de desexo e de mirada.
Colaboran: Leticia Citoula, Andre Bosque, Mercè Nebot Ventura, Vanessa Glemsel, Violeta Maroto Romero, Adriana Guede, Antonella Rodríguez Acosta, Ailén Kendelman e Areta Bolado, Lucía Aldao, Andrea Rico Adega, Iván Folgueira Pérez, Angelly Ferreiro Silva, Vanesa de Sousa García, Aranxa Vicens, Alba Cobo, Andrea Nunes Brións e María Von Touceda.

