Saltar ao contido

AS: O que a asexualidade revela sobre o desexo, a sociedade e o significado do sexo

Rango de prezos: desde 10,00€ ata 22,00€

Autoría: Angela Chen  |  Tradución: María Reimóndez

Este libro combina a experiencia da autora coa doutras voces asexuais diversas para explorar como a sexualidade obrigatoria condiciona as nosas vidas. As preguntas son compartidas: como sei o que quero? Como negocio o que preciso? Como me relaciono sen os guións que me deron? Coa ollada AS, as respostas gañan novos matices e libéranse do relato único. Podes ver unha mostra aquí.

SKU: N/D Categoría: Etiqueta:

Para a maioría da xente, asexualidade é unha palabra estraña. Define aquelas persoas que non senten atracción sexual, e que máis? Pois moito: a asexualidade é unha lente que cuestiona como se constrúe a sociedade e as presións a que estamos sometidas todas as persoas.

Angela Chen combina a súa experiencia coa doutras voces asexuais diversas para explorar como a sexualidade obrigatoria condiciona as nosas vidas. As preguntas son compartidas: como sei o que quero? Como negocio o que preciso? Como me relaciono sen os guións que me deron? Coa ollada AS, as respostas gañan novos matices e libéranse do relato único.

AS é un convite para ollar o mundo doutro xeito. Para cuestionar se a forma en que nos relacionamos ten que ser a que nos contaron.

Libro traducido por María Reimóndez e con prólogo de Violeta Meléndrez Doval.

Peso 0,481 kg
Dimensións 15,2 × 2,2 × 21,5 cm
Título

AS: O que a asexualidade revela sobre o desexo, a sociedade e o significado do sexo

Autoría

Angela Chen

Data de lanzamento

Outubro 2026

Formato

E-book, Libro impreso

Páxinas

344

ISBN

979-13-992058-2-4 (libro impreso), 979-13-992058-3-1 (e-book)

Pegada de carbono

1,92 kg/CO₂ por libro impreso