Descrición
Non hai dúbida de que o mar forma parte da identidade galega e da súa vida económica, pero tamén é incuestionable que o mar de hoxe non é o que coñeceron os nosos avós. O libro dos océanos é un retrato detallado para afondar e entender as relacións entre a actividade humana e os cambios que sofre o mar na actualidade.
Este lote de libro máis ruta con Volta Montana é un agasallo estupendo (para esa persoa que che veu á cabeza e tamén para ti mesmo) para desfrutar da natureza da nosa terra e coñecer o estado do meirande e máis descoñecido ecosistema da Terra.
Que inclúe
Inclúe un exemplar d´O libro dos océanos cun desconto de 1,5 € e unha ruta a pé con Volta Montana cun desconto de 2 €.
Como funciona
Cando merques o teu lote recibirás un código único e intrasferible. Consulta o calendario de Volta Montana e, unha vez decidas que ruta queres facer, ponte en contacto con eles no correo reservas@voltamontana.com e dilles o código do teu vale (polo menos con 4 días de antelación) para canxealo por unha reserva.
Condicións do vale da ruta
- O vale de ruta inclúe guía, seguro de RC e accidentes.
- O vale de ruta non inclúe comidas e bebidas ou transportes (furgoneta, barcos etc.).
- Consulta as condicións de contratación e cancelación en voltamontana.com.
- O vale de ruta só se poderá canxear unha soa vez. Se o participante non asiste a ruta, o vale considerarase expirado.
- Suxeito a dispoñibilidade de prazas.
- O vale de ruta expira o 31-12-2020.