Descrición
As obras de Daniela Valente comprenden unha guía práctica chea de actividades e xogos con obxectos sinxelos que podedes atopar facilmente, e moitos consellos e suxestións interesantes para desenvolver o potencial das miúdas e miúdos tomando como base os principios do método Montessori e as descubertas más avanzadas da neuropedagoxía e a pedagoxía activa.
En Como liberar o potencial do voso neno as actividades están recomendadas para a cativada de 0 a 2 anos, namentres que en Como liberar o potencial na infancia co método Montessori as propostas oriéntanse á rapazada de entre 30 meses e 6 anos.
Que inclúe
Inclúe un exemplar de Como liberar o potencial do voso neno e un exemplar de Como liberar o potencial na infancia co método Montessori cun desconto do 10 %.
Autoría
Daniela Valente
Nacida na cidade italiana de Bérgamo en 1979, Montessori pasou a formar parte da súa vida coa chegada do seu neno, por quen decidiu tomar un descanso na súa traxectoria profesional para ocuparse del a tempo completo. En vista dos resultados excepcionais acadados co seu fillo, decidiu promover activamente o método Montessori a través de varias publicacións e iniciativas, como as páxinas web montessori4you.it, con recursos e actividades para descargar, e lascuolaacasa.com, dedicada á educación na casa.