Descrición
Inclúe un exemplar de Limpeza creativa e leite corporal Muuhlloa cun desconto do 10 %.
Limpeza creativa
É un manual práctico de ecoloxía doméstica para aprender a elaborar produtos de limpeza e cosméticos con ingredientes naturais, fáciles de preparar e que respectan a saúde e o ambiente. Vinte e cinco receitas e miles de consellos para dicirmos adeus á industria da cosmética e dos produtos de limpeza.
Leite corporal Muuhlloa
O leite corporal Muuhlloa está elaborado con leite de vaca ecolóxico, con alto contido en vitaminas, proteínas e minerais que nutren, suavizan e hidratan. Favorece o aumento da produción de coláxeno axudando a manter a pel tersa e elástica.
O oleato de milenrama ecolóxico (Achillea millefolium) achega todas as propiedades da planta á pel. Deste xeito actúa como purificante altamente rexeneradora e cicatrizante.