Descrición
En Catro Ventos Editora temos unha colección que presenta novas formas de achegarse aos grandes problemas actuais do mundo. Trátase de Ecográfica, un conxunto de obras que, a través de datos científicos rigorosos, permítennos reflexionar sobre o estado real dos nosos mares, por que nos atopamos nunha emerxencia climática e cal é o mapa real de Galicia desde unha perspectiva ecosocial.
As obras encadradas nesta colección son Mapa ecosocial de Galicia de Rebeca Fernández e Xosé Veiras, e O libro dos océanos e O libro do clima de Esther Gonstalla: tres libros que conforman unha boa oportunidade para achegarte a lecturas comprometidas e mudar de rumbo.
Que inclúe
Inclúe un exemplar d´O libro dos océanos, un de Mapa ecosocial de Galicia e un d´O libro do clima cun desconto do 10 %.
Autoría
Esther Gonstalla
Esther Gonstalla é unha deseñadora gráfica especializada en deseño de libros, infografías e animacións dixitais (Erdgeschoss Grafik), e editora (Edgeschoss Verlag). Co seu traballo gráfico, que xira sempre arredor do estado e a protección do medio natural, pretende visualizar temas complexos de xeito accesible.
Rebeca Fernández Hermo
Rebeca Fernández Hermo, xornalista. Comezou a súa andaina nas páxinas do Galicia Hoxe, nas que puido plasmar diariamente o seu compromiso ambiental até o peche do xornal. Foi parte do Consello de Redacción do Altermundo e cofundadora de Dioivo, revista dixital en galego nada en 2012 dunha Unión Temporal de Xornalistas exiliados da prensa tradicional. Parte das súas reflexións ambientais poden lerse en www.pensanomedio.wordpress.com.
Xosé Veiras García
Xosé Veiras García, licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago e diplomado especialista en sustentabilidade, ética ecolóxica e educación ambiental pola Universidade Politécnica de Valencia. Traballa como educador e consultor ambiental. Membro de Ecoloxistas en Acción, ten colaborado con diversas organizacións de defensa ambiental de ámbito galego e español. Publicou artigos sobre medio ambiente e sustentabilidade en revistas e en libros colectivos. Autor do blog Un claro no bosque de Praza Pública.