Descrición
O Caderno de campo das illas Cíes é unha obra que convida a descubrir a fauna e a flora do Parque Nacional das Illas Atlánticas desde a observación e o respecto pola natureza. A través de actividades como o senderismo é posible facer un turismo sustentable cun baixo impacto ecolóxico e desfrutando da contorna.
Ofrecémosche un lote que combina a lectura desta obra de José Arcas coa posibilidade de elexir unha das rutas que programa Volta Montana.
Que inclúe
Inclúe un exemplar de Caderno de campo das illas Cíes cun desconto de 1,5 € e unha ruta a pé con Volta Montana cun desconto de 2 €.
Como funciona
Cando merques o teu lote recibirás un código único e intrasferible. Consulta o calendario de Volta Montana e, unha vez decidas que ruta queres facer, ponte en contacto con eles no correo reservas@voltamontana.com e dilles o código do teu vale (polo menos con 4 días de antelación) para canxealo por unha reserva.
Condicións do vale da ruta
- O vale de ruta inclúe guía, seguro de RC e accidentes.
- O vale de ruta non inclúe comidas e bebidas ou transportes (furgoneta, barcos etc.).
- Consulta as condicións de contratación e cancelación en voltamontana.com.
- O vale de ruta só se poderá canxear unha soa vez. Se o participante non asiste a ruta, o vale considerarase expirado.
- Suxeito a dispoñibilidade de prazas.
- O vale de ruta expira o 31-12-2020.