fbpx

Dúbidas reais de adolescentes sobre sexo

14,50

Hai algún problema por ter relacións sexuais con 14-16 anos? Os homes mastúrbanse máis ca as mulleres? Por que os rapaces teñen mamilas? Este libro nace das charlas formativas realizadas por unha xinecóloga especializada en diferentes centros de ensino secundario da comarca de Vigo e da necesidade de dar resposta a moitas cuestións que vos xurden a vós como adolescentes. Unha escolma das preguntas máis relevantes e frecuentes acompañada dunha explicación clara sobre os diferentes métodos anticonceptivos e preventivos de enfermidades, así como doutros aspectos que vos importan e que importa que coñezades.

Podes ver unha pequena mostra do libro en ISSUU ou descargala en PDF.

Esgotado

Descrición

Hai algún problema por ter relacións sexuais con 14-16 anos? Os homes mastúrbanse máis ca as mulleres? Por que os rapaces teñen mamilas? Este libro nace das charlas formativas realizadas por Sabela Iglesias, xinecóloga especializada.  Son a resposta a moitas cuestións sobre sexualidade que lles xurdiron aos adolescentes de diferentes centros de ensino secundario da comarca de Vigo.

Unha escolma das preguntas máis relevantes e frecuentes acompañada dunha explicación clara sobre os diferentes métodos anticonceptivos e preventivos de enfermidades. Ademáis de debuxos actuales e demostrativos para completar outros aspectos que vos importan e que importa que coñezades.

Podes ver unha pequena mostra do libro en ISSUU ou descargala en PDF.


Sabela Iglesias, autora

Sabela Iglesias

Sabela Iglesias (Vigo, 1986) licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela no ano 2010 e especializouse en xinecoloxía en Vigo, cidade na que exerce nos servizos públicos de saúde desde 2015. Nese mesmo ano, creou, acompañada doutras compañeiras, o proxecto #hablemosdesexo que na actualidade se segue levando a cabo en múltiples escolas e institutos da bisbarra de Vigo. De esta experiencia xorde o seu primeiro libro: Dúbidas reais de adolescentes sobre sexo.

Podedes consultarlle calquera dúbida en: www.facebook.com/groups/habl3mosd3s3xo. Quen sabe, se cadra dá lugar a unha nova edición deste libro.

 

Iago Araujo Molina, ilustrador

Iago AraujoDebuxante e xestor da súa propia academia de banda deseñada. As súas obras e traballos salientan polo seu marcado carácter divulgativo e concienciador, como o proxecto Viravento, Que é o comercio xusto ou diversas colaboracións para Ayuda en Acción.

Podedes atopar máis información sobre el en www.iiago.com ou mesmo acudir ás súas clases de banda deseñada en Vigo: www.clasescomicvigo.blogspot.com.

 


 

 

Características

Peso 0,3 kg
Dimensións 1,2 × 15,2 × 21,2 cm
ISBN

978-84-949154-0-6

Nº PÁXINAS

92

FORMATO

Encadernación rústica cosida

XÉNERO

Divulgación, Infantil / Xuvenil

EDICIÓN

REIMPRESIÓN

Hache prestar tamén...

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies