fbpx

Desamarmos o capitalismo

18,00

O amor como acción política

Que significa amar? Até que punto o acto de amar está influenciado socialmente? Por que lle interesa ao capitalismo que entendamos o amor como algo restrinxido á esfera privada? Que ten que ver o amor coas nosas escollas conscientes cando mercamos unha prenda de abrigo, un quilo de laranxas…?

De todo isto fala Desamarmos o capitalismo. A partir dunha análise dos conceptos do amor como algo privado, romantizado e consumible, Lann Hornscheidt analiza as diferentes dimensións que ten o amor na nosa sociedade e como, mediante a súa repolitización e diversificación, podemos crear vínculos complexos coa vida doutras persoas.

Neste libro que desafía o binarismo de xénero e a redución do xénero á sexualidade, Lann combina ensaio, creación literaria e exercicios de reflexión para que vexamos que o amor é unha das accións máis políticas que poden existir.

Tradución e prólogo de María Reimóndez.

Podes ver unha mostra do libro en PDF, aquí.

Hai existencias

Que significa amar? Até que punto o acto de amar está influenciado socialmente? Por que lle interesa ao capitalismo que entendamos o amor como algo restrinxido á esfera privada? Que ten que ver o amor coas nosas escollas conscientes cando mercamos unha prenda de abrigo, un quilo de laranxas…?

De todo isto fala Desamarmos o capitalismo. A partir dunha análise dos conceptos do amor como algo privado, romantizado e consumible, Lann Hornscheidt analiza as diferentes dimensións que ten o amor na nosa sociedade e como, mediante a súa repolitización e diversificación, podemos crear vínculos complexos coa vida doutras persoas.

Neste libro, con tradución e prólogo de María Reimóndez, que desafía o binarismo de xénero e a redución do xénero á sexualidade, Lann combina ensaio, creación literaria e exercicios de reflexión para que vexamos que o amor é unha das accións máis políticas que poden existir.

Autoría

Lann Hornscheidt

Lann Hornscheidt escribe e imparte seminarios sobre violencia estrutural e actos de fala dende un enfoque interseccional e unha reflexión sobre os privilexios propios das persoas brancas e non-discapacitadas.

Impartiu docencia universitaria sobre lingua e xénero en Escandinavia e en diversas universidades de Alemaña e Austria. Como académique, ocupou a cátedra de Lingua e Xénero da Universidade de Humboldt de Berlín, posto que abandonou voluntariamente en 2017.

En 2014, fundou a editora w_orten & meer (Premio Alemán de Edición 2021), onde se editou a versión orixinal de Desamarmos o capitalismo en 2018.

Lann é responsable principal, canda Lio Oppenländer, da introdución no alemán do -x- como substituto doutras escollas de linguaxe inclusiva que mantiñan o binarismo, escolla que explican detalladamente na súa obra exit gender e da cal derivaron o concepto ex_gender (‘ex_énero’) para referirse a todas as persoas que fan un proceso activo para saír do marco do xénero.

Lann Hornscheidt declárase ex_énero.

María Reimóndez

María Reimóndez é doutora en Tradución e Interpretación e dedícase desde 1997 á tradución e á interpretación como freelance. En 2001, fundou canda Lara Santos e Saleta Fernández a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI). Alén da súa faceta profesional neste eido, Reimóndez tamén é unha recoñecida escritora e activista (fundadora de Implicadas no Desenvolvemento e consultora para a organización alemá Kinder-Not-Hilfe). Como investigadora, desenvolve un intenso labor no campo da tradución dende un enfoque feminista e poscolonial.

Esta obra recibiu unha subvención da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

autoria
Peso 0,223 kg
Dimensións 1,5 × 15,3 × 21,5 cm
ISBN

978-84-124635-1-4

Nº PÁXINAS

124

FORMATO

Encadernación rústica cosida

XÉNERO

Ensaio

EDICIÓN

TRADUCIÓN

María Reimóndez

Tamén che recomendamos…

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies