fbpx

CRAC!

19,90

Unha breve historia da economía. Da Grecia Antiga ao século XXI

Como os cartos, a falta deles, a insanidade e a inmoralidade construíron o mundo máis próspero de todos os tempos.

Coiro, plumas, peixe seco, sal groso, cachaça, tabaco: todos estes artigos xa foron usados como moeda corrente. Con todo, o que de verdade funcionou foi outra cousa: o diñeiro falso, esa creación da Grecia Antiga que hoxe levas na carteira.

Crac! fai un paseo por 12 000 anos de civilización e traza parelismos entre o pasado e o presente para explicar como funcionan as moedas, a inflación, as burbullas e o ir e vir infinito entre a euforia e a depresión da economía. Dunha economía cíclica que sempre se repite.

Con este libro, has entender como os tulipáns, Isaac Newton, Homer Simpson e as carabelas explican o mundo do diñeiro. E saber mellor que facer e non facer co teu.

Podes ver unha mostra do libro en ISUU ou en PDF.

Dispoñible

Descrición

Unha breve historia da economía. Da Grecia Antiga ao século XXI

Como os cartos, a falta deles, a insanidade e a inmoralidade construíron o mundo máis próspero de todos os tempos.

Crac! fai un paseo por 12 000 anos de civilización e traza parelismos entre o pasado e o presente para explicar como funcionan as moedas, a inflación, as burbullas, os cracs financeiros e o ir e vir infinito entre a euforia e a depresión da economía. Dunha economía cíclica que sempre se repite.

Alexandre Versignassi ten unha capacidade brillante para achegarnos, con ironía e sarcasmo, a todos eses conceptos financeiros que están tan presentes nas nosas vidas e que descoñecemos por completo.

Da man dos tulipáns, Isaac Newton, os chimpancés, Homer Simpson e as carabelas, entenderás por fin o mundo do diñeiro e da economía, a máis perturbadora, intensa e xenial das creacións humanas. Unha ciencia que permite que os mesmos 12 euros estean en dous sitios ao mesmo tempo ou que merques un piso de 150 000 euros sen ter que ir pedir micropréstamos de 150 euros a 1000 cidadáns á boca do metro.

 


Alexandre Versignassi_©Tomás_Arthuzzi

Alexandre Versignassi_©Tomás_Arthuzzi

Alexandre Versignassi

Alexandre Versignassi é xornalista e director de redacción de Superinteressante, a revista de ciencia máis importante de América do Sur. En 2012, foi finalista do premio máis recoñecido de Brasil, o Premio Jabuti, por este libro que tes entre as mans e gañou catro veces o Premio Abril de Xornalismo. Nos seus máis de vinte anos de traxectoria profesional, leva escritas centenas de reportaxes de divulgación científica e aplica ao xornalismo económico o principio chave que aprendeu na divulgación científica: facer interesante aquilo que é relevante e amosar a relevancia do que semella meramente interesante, unha premisa que segue e leva ao extremo neste libro.

 

 

 

Características

Peso 0.440 kg
Dimensións 1.8 × 15.2 × 21.2 cm
ISBN

978-84-949154-1-3

FORMATO

Encadernación rústica cosida

Nº PÁXINAS

272

XÉNERO

Divulgación, Ensaio

Hache prestar tamén...

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de cookies pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies