fbpx

Como liberar o potencial na infancia co método Montessori

19,50

Unha guía práctica dos 30 meses aos 6 anos

A partir dos dous anos e medio, aumenta a curiosidade das nenas e dos nenos, e con ela, a necesidade de proporlles actividades que estimulen o seu crecemento autónomo.

Esta obra é a continuación de Como liberar o potencial do voso neno, 0-2 anos e nace tamén da experiencia como nai de Daniela Valente, quen, combinando as descubertas de Maria Montessori coa neuropedagoxía e a pedagoxía activa máis avanzadas, suxire multitude de actividades de vida práctica, preparación á lectura e á escritura, desenvolvemento do sentido artístico e musical… Cada páxina e suxestión están pensadas para crear un ambiente que motive a libre escolla dentro duns límites claros e  implique as cativas e os cativos na vida diaria da familia e da contorna co obxectivo de formar persoas únicas e plenamente capacitadas.

Dispoñible (pode reservarse)

Descrición

Unha guía práctica dos 30 meses aos 6 anos

A partir dos dous anos e medio, aumenta a curiosidade das nenas e dos nenos, e con ela, a necesidade de proporlles actividades que estimulen o seu crecemento autónomo.

Esta obra é a continuación de Como liberar o potencial do voso neno, 0-2 anos, de Daniela Valente, e segue a liña do primeiro libro, publicado por Catro Ventos Editora: ser unha guía práctica chea de actividades e xogos con obxectos sinxelos que podedes atopar facilmente, e moitos consellos e suxestións interesantes para desenvolver o potencial das miúdas e miúdos de entre 30 meses e 6 anos tomando como base os principios do método Montessori e as descubertas más avanzadas da neuropedagoxía e a pedagoxía activa.

Actividades de vida práctica, preparación á lectura e á escritura, desenvolvemento do sentido artístico, matemático e musical… Cada páxina e suxestión están pensadas para crear un ambiente que motive a libre escolla dentro duns límites claros e  implique as cativas e os cativos na vida diaria da familia e da contorna co obxectivo de formar persoas únicas e plenamente capacitadas.

Citando a Maria Montessori, este libro busca «facer que o neno poida espontaneamente escoller as súas ocupacións, que fique concentrando nelas o maior tempo posible e que cambie de ocupación cando considere».

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución e/ou edición do ano 2019.


Daniela Valente

Nacida na cidade italiana de Bérgamo en 1979, Montessori pasou a formar parte da súa vida coa chegada do seu neno, por quen decidiu tomar un descanso na súa traxectoria profesional para ocuparse del a tempo completo. En vista dos resultados excepcionais acadados co seu fillo, decidiu promover activamente o método Montessori a través de varias publicacións e iniciativas, como as páxinas web montessori4you.it, con recursos e actividades para descargar, e lascuolaacasa.com, dedicada á educación na casa.

Nesta mesma editora podes atopar a tradución ao galego da súa obra Como liberar o potencial do voso neno. Actividades inspiradas no método Montessori. 0-2 anos, que foi traducida ao inglés e ao eslovaco.

 


 

Características

Peso 0.382 kg
Dimensións 1.2 × 15.2 × 21.5 cm
ISBN

978-84-122499-1-0

FORMATO

Encadernación rústica cosida

Nº PÁXINAS

236

XÉNERO

Divulgación, Manual

Hache prestar tamén...

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies