fbpx

Biodiversidade

18,50

Cara a unha sexta extinción masiva.
Nunha indiferenza case xeral, o noso planeta entra nunha fase de extinción masiva provocada polo ser humano, a sexta desde que a vida se diversificou na Terra hai 500 millóns de anos. Cales son os mecanismos e as causas principais e como evitar ou limitar esta sexta extinción?

Podes ver unha pequena mostra do libro en Issuu ou descargala en PDF

Dispoñible

Descrición

Cara a unha sexta extinción masiva

O coordinador da obra reúne a catro científicos de distintas especialidades. Todos eles ofrecen e contrastan as súas distintas perspectivas dun mesmo tema: a biodiversidade e a deriva cara a unha sexta extinción en masa. Un ecólogo, un biólogo mariño, un especialista en xestión e economía do medio e unha filósofa do medio convídannos á súa mesa. A partir dos seus coñecementos, dos seus temores mais tamén das súas esperanzas, achégannos unha visión científica e cidadá sobre a sexta extinción masiva, a primeira do Antropoceno.

O libro divídese claramente en dúas partes: o debate científico e o debate social. Isto fai que resulte máis interesante e que precisamente vaia máis aló da ecoloxía puramente.  Tamén reflexiona sobre as consecuencias económicas e sociais.

Nunha indiferenza case xeral, o noso planeta entra nunha fase de extinción masiva provocada polo ser humano. A sexta desde que a vida se diversificou na Terra hai 500 millóns de anos. A sobreexplotación dos recursos, o consumo excesivo, a oferta excesiva, as sobrecapacidades tecnolóxicas, o cambio climático, a deforestación, etc., os seres humanos entréganse a unha destrución masiva dos ecosistemas a escala planetaria. E o noso modo de desenvolvemento condena probablemente unha especie cada vinte minutos.

Cales son os mecanismos e as causas principais da extinción das especies? Que podemos esperar das axendas políticas? Cómpre promover unha ecoloxía de combate ou unha ecoloxía da reconciliación que volva colocar o ser humano na natureza? Como evitar ou limitar esta sexta extinción?

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2017.

Podes ver unha pequena mostra do libro en Issuu ou descargala en PDF.


 

Raphaël Billé

Raphaël Billé

Raphaël Billé

Coordinador de proxecto na Secretaría Xeral da Comunidade do Pacífico (CPS) en Nouméa (Nova Caledonia) e investigador asociado ao Instituto de Desenvolvemento Sostible e Relacións Internacionais (IDDRI, Facultade de Ciencias Políticas de París). Despois de dirixir durante sete anos o programa «Biodiversidade» e o equipo «Adaptación ao cambio climático» do IDDRI, asumiu recentemente na CPS a dirección do proxecto rexional RESCCUE de xestión integrada das zonas costeiras (Fiji, Nova Caledonia, Polinesia francesa e Vanuatu).

Perfil en Linkedin.

 

 


Philippe Cury

Philippe Cury

Philippe Cury

Director de investigación do Instituto de Investigación para o Desenvolvemento (IRD), director do Centro de Investigación Pesqueira Mediterránea e Tropical de Sète (Francia) e da Unidade Mixta de Investigación (UMR) 212 dedicada ao enfoque ecosistémico da pesca. Antigo director do consorcio europeo Eur-Oceans (de 2008 a 2013), na actualidade é codirector, xunto a Catherine Boyen (CNRS), do consorcio Euromarine.

Perfil en Facebook.

 

 

 


Michel Loreau

Michel Loreau

Michel Loreau

Ecólogo, director de investigación no CNRS, director do Centro de Teoría e Modelización da Biodiversidade (CTMB) de Moulis (Francia).

Perfil en Facebook.

 

 

 

 


Virginie Maris

Virginie Maris

Virginie Maris

Filósofa do medio, investigadora do CNRS no Centro de Ecoloxía Funcional e Evolutiva (CEFE) de Montpellier (Francia).

 

 

 

 


Sylvestre Huet (coord.)

Sylvestre Huet

Sylvestre Huet

Xornalista no diario Libération, especializado en información científica. Director da colección 360 da editorial La Ville Brûle.

Perfil en Linkedin.

Perfil en Facebook.

 

 

 


 

 

Características

Peso 0.3 kg
Dimensións 1.5 × 13 × 20 cm
ISBN

978 84 945917 2 3

FORMATO

Encadernación rústica cosida

Nº PÁXINAS

256

XÉNERO

Divulgación

Hache prestar tamén...

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de cookies pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies