fbpx

As bicicletas si son para Galicia

19,90

As bicicletas si son para Galicia aborda o uso da bicicleta dende un punto de vista poliédrico: ecolóxico e ecoloxista, de mobilidade sustentable e feminista. Emporiso, hai moito máis: entrevistas a colectivos e persoas ciclousuarias que usan a bicicleta en diversos contextos de Galicia, consellos prácticos e apuntes terminolóxicos con soporte ilustrado.

Inclúe colaboracións da socióloga Iria Vázquez, o experto en mobilidade Daniel Díaz e o xornalista Carlos Risco que, respectivamente, nos falan sobre bici e xénero, a bicicleta no rural e a bicicleta na Galicia urbana.
Podes ver unha mostra do libro en PDF, aquí.

Hai existencias

Descripción

En Catro Ventos somos persoas ciclousuarias; algunhas, dende hai xa tempo; outras somos ciclistas máis recentes e, aínda que empregamos a bicicleta en determinados momentos da nosa vida, en lugares e contextos distintos, estamos tentando reincorporar ese uso á nosa vida actual. E se é tan ben sabido que estabamos a falar dun medio de transporte saudable e ecolóxico, democratizador e amigable, por que non andamos máis nel? Por que adoitamos velo hoxe en día máis como un obxecto deportivo, xa sexa de estrada ou de montaña?

En Catro Ventos Editora adoitamos dar voz a outras persoas que nos axudan a reflexionar, aprender e mellorar. Desta volta, decidimos asumir nós a autoría para abordar este tema que sentimos tan próximo. Iso si: imos en boa compaña. O xornalista Carlos Risco, o experto en mobilidade Daniel Díaz e a socióloga Iria Vázquez colaboran con tres textos seus: «Bicicleta e rural: coñecer a provincia», «A bicicleta na Galicia urbana» e «Mulleres Bicivisíbeis. Ocupando o espazo que nos pertence». Tamén nos acompañan diferentes colectivos e persoas ciclousuarias que entrevistamos para coñecer de preto o estado da bici en sete cidades galegas: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

As bicicletas si son para Galicia aborda o uso da bicicleta dende un punto de vista poliédrico: ecolóxico e ecoloxista (como alternativa aos vehículos contaminantes), de mobilidade sustentable (como elemento transformador da nosa relación coa contorna, non só nas cidades senón tamén no rural) e feminista (como ferramenta apoderadora).

Cambia de marcha

Algunhas obras contan con banda sonora: velaquí unha selección para As bicicletas si son para Galicia

Autoría

Catro Ventos

En Catro Ventos Editora adoitamos dar voz a outras persoas que nos axudan a reflexionar, aprender e mellorar. Desta volta, decidimos asumir nós a autoría para abordar un tema que sentimos moi próximo: a bicicleta como ferramenta transformadora, apoderadora e liberadora…, como resposta á actual crise social.
Somos cinco persoas que, en 2016, decidimos encher un baleiro no mundo editorial galego e publicar obras sobre ecoloxía, consumo responsable, economía social, dereitos humanos, e crianza e educación alternativas. Somos unha cooperativa sen ánimo de lucro que se rexe polos principios da economía social e solidaria.
E andamos en bici.

Carlos Risco

Carlos Risco (Ourense, 1977) é xornalista e músico. Desenvolveu a súa carreira en Madrid, ligado ao Grupo PRISA e a editorial Condé Nast, ademais dunha estancia en Roma escribindo libros para a FAO.

Entende a bicicleta como unha ferramenta para desprazarse acotío e a máquina ideal para viaxar e explorar o país e a provincia. Sempre que pode, pérdese nela cunha equipaxe mínima e unha tenda de campaña.

Actualmente vive nunha aldea semi-abandonada nas fragas de Allariz. Escribe regularmente nos xornais La Región e El País.

Daniel Díaz Grandío

Daniel Díaz Grandío naceu no barrio de Eirís, na Coruña, hai 42 anos e é pai de dúas fillas. Formouse no ámbito da topografía, o urbanismo, a enxeñaría civil e a xestión e a análise do territorio. Foi parte do activismo a prol da bicicleta e do transporte público na Coruña e comarca na Plataforma pola Mobilidade. O camiño da vida levouno a ser concelleiro de mobilidade na súa cidade entre o 2015 e o 2019.

Iria Vázquez Silva

Iria Vázquez Silva é profesora de Socioloxía na Universidade de Vigo. Sempre lle interesaron os feminismos. Formouse primeiro en 2005 nun posgrao de Igualdade na Universitat Autònoma de Barcelona e logo rematou un mestrado en Estudos de Xénero na Universidade de Vigo (2008). A bicicleta forma parte da súa vida, como xeito de mobilidade ou para viaxar coas alforxas. É integrante do colectivo Mulleres Bicivisíbeis, que está dentro da plataforma Vigo Ciclábel. Na actualidade, tamén coordina a area de equidade da entidade estatal ConBici.

Esta obra recibiu unha axuda á edición da Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidadees (Orde do 10 de xaneiro de 2023).

autoria

Información adicional

Peso 0,370 kg
Dimensións 1 × 15,3 × 21,5 cm
ISBN

978-84-127425-0-3

FORMATO

Encadernación rústica cosida

Nº PÁXINAS

156

XÉNERO

Manual práctico, Divulgación, Ensaio

Tamén che recomendamos…

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies